Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

ESPACIOS NATURALES DE ESPAÑA

  • Data de emisión: 20/05/2010
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 57,6 x 40,9 mm. (horizontales)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,45 €
  • Tiraxe: 320.000 de cada motivo
  • Dentado: 13 1/4 (horizontal) y 13 3/4 (vertical)

Coa serie titulada Espazos Naturais de España difúndense diferentes áreas protexidas da xeografía española e declaradas de interese especial polo seu alto valor ecolóxico.

40520101

O parque natural das serras de Cazorla, Segura e Las Villas sitúase ao nordeste da provincia de Xaén. É o espazo protexido maior de España e un dos máis grandes de Europa. Foi declarado Reserva da Biosfera pola Unesco en 1983 e Zona de Especial Protección para as Aves en 1988. A súa grande extensión abrangue 23 municipios repartidos polas serras de Cazorla, Segura e Las Villas, cun relevo abrupto e intricado que orixina paisaxes de gran beleza. A diversidade e riqueza biolóxica do parque caracterízase polas aciñeiras, piñeiros e sabinas. Os cimbros, teixos, érbedos e pradairos conviven con romeus e outras especies. A fauna conta cunha gran cabana de cervos, cabras, xabarís e gamos e en aves pódense ver numerosas rapaces, como voitres leonados, aguias reais, crebaosos e voitres brancos.

40520102

O parque nacional de Garajonay, de 3.986 hectáreas, encóntrase no centro da illa da Gomeira. Ao igual que o resto das Canarias, A Gomeira é de orixe volcánica, o que orixina as formacións de roques que tanto identifican a paisaxe canaria. A principal variedade botánica é o bosque de laurisilva, formación integrada por especies moi diversas de folla perenne que necesitan moita humidade. Na illa poden encontrarse ata 50 especies de flora endémica, sendo as máis comúns as queirogas, loureiros e fentos. En fauna existen máis de 150 especies autóctonas, como a chamada pomba da laurisilva, o bufo, a bubela, o lagarteiro e o gabián. Foi declarado Parque Nacional en 1981, Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1986, así como Zona de Especial Protección para as Aves e Lugar de Interese Comunitario.

40520103

O Espazo Natural de Doñana localízase entre as provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz. Está formado polo parque nacional de Doñana e o parque natural de Doñana, creado no contorno do anterior. Debe o seu nome a dona Ana de Silva, filla do duque de Medinasidonia. Pola súa situación xeográfica, entre Europa e África e entre o Atlántico e o Mediterráneo, é lugar de paso e invernada de numerosas aves acuáticas. A súa vexetación está formada por monte baixo e a propia das marismas e das dunas que dan ao mar. Entre as especies protexidas figuran a aguia imperial e o lince ibérico. Conta con máis de 200 especies de aves, varias decenas de mamíferos, peces, réptiles e anfibios. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994.

Compárteo nas túas redes