Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PATRIMONIO MUNDIAL. Úbeda y Baeza

  • Data de emisión: 15/04/2010
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 49,8 x 33,2 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 12
  • Valor postal dos selos: 0,45 €
  • Tiraxe: 324.000 de cada motivo
  • Dentado: 12 3/4

Correos rememora con dous selos a declaración das cidades de Úbeda e Baeza como Patrimonio da Humanidade en 2003 pola súa dualidade urbana e unidade cultural. A dita declaración é un importante recoñecemento por parte da Unesco, que pasa a engrosar a xa longa lista de Patrimonio Mundial onde España conta na actualidade con 41 sitios declarados. De Úbeda, reproduce o selo o patio renacentista da Casa de las Torres e de Baeza, a fachada gótica do palacio de Jabalquinto.

50420101

A configuración urbana das cidades xienenses de Úbeda e Baeza data do período da dominación árabe (século IX) e da Reconquista (século XIII). Pasado o tempo, coa chegada do Renacemento, ambas as poboacións sufriron unha importante transformación urbana. Este cambio urbanístico no século XVI foi motivado pola chegada a España de novas formulacións arquitectónicas e ideas humanistas procedentes de Italia.

50420102

Aínda que Úbeda fora un bastión importante durante a dominación musulmá, de cuxo pasado garda importantes mostras arquitectónicas como a porta do Losal e outros restos do recinto amurallado, ao igual que notables exemplos do románico e gótico, foi durante o século XVI, como diciamos, cando logrou o seu máximo esplendor renacentista baixo os reinados de Carlos I e Filipe II. Desta época florecente quedan espléndidos, belos e singulares testemuños en palacios como os do Condestable Dávalos, das Cadenas, Bussianos, do Marqués de Mancera, de Vela de los Cobos, de Camarero Vago e do Conde de Guadiana, entre outros; en igrexas e conventos como os da Sacra Capilla del Salvador e o Hospital de Santiago, ademais doutros relevantes edificios e monumentos barrocos e platerescos.


 

Baeza, cidade próxima a Úbeda, dispón tamén dun valioso conxunto artístico e arquitectónico. De feito, a igrexa de Santa Cruz é románica tardía e o seu fermoso palacio de Jabalquinto é do gótico flamíxero, aínda que como a anterior, debe o seu esplendor ao século XVI e ao Renacemento. Deste tempo quedan para a posteridade a antiga carnicería, a praza porticada do Mercado Vello e a antiga universidade, aos que se suman outros edificios como a plateresca Casa do Pópulo e o barroco balcón do concello, ademais doutros notables monumentos.

Compárteo nas túas redes