Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

URBANISMO

  • Data de emisión: 14/10/2010
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,34 €
  • Tiraxe: 315.000
  • Dentado: 13 ¾ (horizontal) 13 ¼ (vertical)

Correos, dentro da serie de Urbanismo, dedica un selo ao enxeñeiro de Camiños catalán, Ildefonso Cerdá, autor do Ensanche de Barcelona. O selo reproduce nun primeiro plano un retrato de Cerdá pertencente á colección do Ateneu barcelonés e como fondo percíbese o seu proxecto do Ensanche, cuxo orixinal, mapa e manuscrito do Plano dos arredores de Barcelona e proxecto da súa reforma e ensanche, de 1859, está depositado entre os fondos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid.

61020101

O principal obxectivo do Ensanche de Barcelona era remediar a escaseza de vivendas e as malas condicións de habitabilidade e de salubridade que ofrecían os centros históricos ou o barrio antigo barcelonés. O enxeñeiro Cerdá, tras coñecer o ferrocarril en 1844, despois de realizar unha viaxe ao sur de Francia, entendeu que a mobilidade e as comunicacións ían ser os elementos que transformaran as cidades. De aí, a súa idea de ampliación da cidade de Barcelona. Foi o que motivou que, en 1855, durante a etapa de goberno do Bienio Progresista, tras aprobarse o derrubamento das murallas de Barcelona, lle fora encargado o Plano Topográfico dos arredores de Barcelona, encargo que aproveitou para presentar un primeiro Anteproxecto de Ensanche, aínda que tivo que esperar ata 1859 para redactar o definitivo que lle foi aprobado en 1860. Cerdá soubo trazar o Ensanche de Barcelona, superpoñendo á chaira inclinada cara ao mar existente entre os ríos Llobregat e Besós, unha nova cidade en cuadrícula. Concibiu unha cidade aberta, igualitaria e moderna, na que eran prioritarias a circulación cos quinteiros en chafrán e os amplos espazos verdes.

O Ensanche ou L´Eixample localízase no distrito segundo de Barcelona e ocupa a parte central da cidade, nunha ampla zona de 7,46 km cadrados. Neste distrito encontramos paseos como o de Gracia e Sant Joan, rúas e avenidas como Aragón, Balmes, Diagonal, Rambla de Cataluña e a Gran Vía de les Corts Catalanes e prazas como a de Cataluña, Sagrada Familia, Gaudí, Francesc Macià e les Glories Catalanes. Tamén aquí hai edificios como Casas Milà, Batlló e Punxes, ademais do templo da Sagrada Familia.

Compárteo nas túas redes