Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

DIARIOS CENTENARIOS. El Día

  • Data de emisión: 15/10/2010
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,34 €
  • Tiraxe: 315.000
  • Dentado: 13 ¾ (horizontal) 13 ¼ (vertical)

O xornalista e escritor tinerfeño, Leoncio Rodríguez, fundou o día 15 de outubro de 1910 o diario La Prensa, xornal que anos despois, concretamente o 15 de febreiro de 1939, cambiaría a súa denominación pola da actual cabeceira de El Día. A cabeceira, igual ca a publicación, aínda que sometida a diversos cambios, pasou de dúas páxinas diarias a ter oito. Nos anos 60, co periódico xa consolidado, o seu fundador e propietario inicia a expansión do medio inaugurando en 1967 un novo edificio, situado no número 69 da avenida de Buenos Aires de Santa Cruz de Tenerife. Alí instalaranse modernos equipos de fotogravado e teletipos, ademais de sete linotipias e unha rotativa de alta velocidade. En 1974 lévase a cabo unha nova ampliación, pois ademais de ampliar os espazos do xornal, acométense novas melloras que consisten en substituír a xa vella rotativa Vomag pola nova Marinoni, instalada cara a finais de 1974. A ela seguiron outras rotativas como a Uniman actual, que permite a produción de 25.000 a 50.000 exemplares á hora en produción sinxela, e os ordenadores que fan posible a autoedición.

71020101

O diario El Día, medio que desde a súa fundación vén dando noticias de Tenerife e Canarias, forma parte do grupo de comunicación do seu mesmo nome que abarca distintos ámbitos da información como radio e televisión.

O periódico El Día, diario independente, durante o seu primeiro século de actividade informativa, foi testemuña puntual e directa do devir e da historia de Canarias. As súas seccións e páxinas serviron de testemuño da evolución económica, social e cultural das illas.

Compárteo nas túas redes