Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

AMÉRICA UPAEP. BUZONES

  • Data de emisión: 11/10/2011
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado engomado fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,80 €
  • Tiraxe: 300.000 sellos
  • Dentado: 13 ¼ (horizontal) y 13 ¾ (vertical)

A serie América UPAEP, emitida anualmente cun tema en común polos países da Unión Postal das Américas, España e Portugal, aparece dedica nesta ocasión ás caixas de correo.

31020111

Ata o ano 1762 non existían caixas de correo en España para depositar as cartas, senón que se lle entregaban en man ao encargado do correo. Ese ano, unha disposición oficial estableceu abrir: “agujero o reja, en todas las Hijuelas o Veredas, por donde se echen las cartas, sin que se puedan recibir en mano”. Evitábase con isto a desconfianza pola posible perda do envío, á vez que ofrecer un mellor servizo ao non ter que esperar o “condutor” do correo para facer a entrega. Desde entón, e co paso dos anos, as caixas de correo de Correos variaron as súas formas, motivos decorativos e materiais empregados na súa fabricación.

Os máis comúns, quizais porque foron os primeiros en instalarse, foron as bocas-caixas de correo que se colocaban nas paredes das oficinas postais. Este tipo de bocas de caixa de correo eran as máis abundantes no medio rural. Xeralmente, estaban fabricadas en ferro e esmaltadas en azul ou vermello e levaban inscrita a palabra Correos e un sobre branco. Tamén existían de madeira, metais sinxelos, bronce ou mármore, adornadas con enxeñosas decoracións ou figuras alegóricas. O elemento máis representado era a cabeza de león, como símbolo de valor e gallardía, e animal que mellor garda a correspondencia nel depositada.

No selo reprodúcese unha boca de caixa de correo de mármore branco, na que se esculpiu unha cabeza de león rematada por unha torre ameada. Estivo instalada na antiga sede do correo central de Madrid, situado na Casa de Postas da Porta do Sol, ata 1916.

A peza forma parte da colección de caixas de correo do Museo Postal e Telegráfico, encargado da conservación e custodia de pezas e documentos relacionados coa historia do correo, o telégrafo e a filatelia.

Compárteo nas túas redes