Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PATRIMONIO MUNDIAL. Alhambra de Granada

  • Data de emisión: 12/05/2011
  • Procedemento de Impresión: Calcografía y Offset
  • Papel: Estucado, engomado, mate, fosforescente
  • Tamaño do selo: Circular
  • Tamaño da folla bloque: 104,5 x 150 mm. (vertical)
  • Valor postal dos selos: 2 €
  • Tiraxe: 280.000 hojas bloque
  • Dentado: 13 ½ circular
  • Tiraxe bloque: 280.000 hojas bloque

O conxunto formado pola Alhambra e o Xeneralife de Granada mereceu, en 1984, a declaración de “Patrimonio da Humanidade” pola UNESCO. Á Alhambra dedícaselle unha folla bloque que reproduce unha das súas belas e decoradas estancias, mentres que o selo, en forma de círculo, imita unha moeda de 2 euros na que pode verse, na súa parte central, unha imaxe do Patio dos Leóns. En 1994, a declaración de Patrimonio da Humanidade chegou a facerse extensiva ao barrio do Albaicín.

10520111

A Alhambra está situada no outeiro de Al-Sabika, na marxe esquerda do río Darro, ao leste de Granada. Téñense datos de que no ano 889 Sawwar ben Hamdun se refuxiou na súa Alcazaba debido ás loitas que azoutaban o Califato de Córdoba, ao que pertencía Granada. No século XIII, coa chegada do primeiro monarca nazarí, Mohamed I, converteríase a Alhambra en residencia real, o que marcou o inicio do seu esplendor. Magnificencia que irían ampliando e enriquecendo os seus sucesores coa construción de novas estancias palacianas, de baños, torres, portas e ampliacións do recinto amurallado.

O conxunto comprendido pola Alhambra, o Xeneralife e o Albaicín conforma un completo e extraordinario legado único e representativo da arquitectura xurdida durante o longo período de dominación árabe en España. A Alhambra, en particular, dálle cabida, ademais de á Alcazaba, aos Palacios Nazaríes que se encontran dentro do recinto amurallado, defendidos polas torres da Vela, dos Fidalgos, das Armas, da Pólvora, da Sultana, da Homenaxe, das Damas, do Oratorio, dos Picos, do Cadí, das Infantas, da Cativa, de Sete Chans, da Auga e de tantas outras. Únense ás construcións e xardíns do amplo espazo amurallado, outras edificacións de relevancia como o Palacio de Carlos V, magnífico exemplo da arquitectura renacentista, obra do arquitecto Pedro Machuca, mandado levantar polo emperador sobre as ruínas de parte do conxunto arquitectónico alí existente co ánimo de admirar de preto as marabillas que garda a Alhambra.

Compárteo nas túas redes