Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

EFEMERIDES

  • Data de emisión: 17/06/2011
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,80 €
  • Tiraxe: 300.000

Ao cumprirse o 105 aniversario da creación do Corpo de Arquitectos da Facenda Pública emítese un selo que representa unha sección do edificio de Sabatini, situado na rúa Alcalá de Madrid, sede do Ministerio de Economía e Facenda.

20620111

Coa Lei de Orzamentos, do 5 de agosto de 1893, naceu o que hoxe se coñece como imposto de bens inmobles. O regulamento que desenvolve a devandita lei atribuíu a xestión do imposto a técnicos facultativos.

Establécese así a necesidade de arquitectos con coñecementos xurídicos e fiscais específicos chamados a investigar e avaliar a propiedade inmobiliaria para fixar un rexistro obxectivo cos datos obtidos de edificios e soares (Catastro).

O 24 de xuño de 1906 apróbase un real decreto que regula o ingreso de arquitectos ao servizo da Facenda Pública, corpo técnico-facultativo de titulados en Arquitectura e especializado no tratamento fiscal da propiedade urbana.

En anos sucesivos fóronse aprobando diferentes regulamentos orgánicos do Corpo de Arquitectos ao servizo da Facenda Pública. Neles precísanse as funcións específicas de investigación e valoración fiscal da propiedade urbana que, ademais das propias da profesión de arquitecto, caracterizan o exercicio profesional dos arquitectos de Facenda.

O Corpo de Arquitectos Superiores ao servizo da Facenda Pública depende do Ministerio de Economía e Facenda e conta con máis de 400 profesionais distribuídos por toda a xeografía española.

O arquitecto de Facenda é un técnico que, ademais de asistir a Administración xeral do Estado en todos os ámbitos da Arquitectura que se requiran, está especializado na valoración de inmobles para efectos fiscais e na inspección e control da fraude fiscal.

Compárteo nas túas redes