Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

FAUNA

  • Data de emisión: 12/01/2011
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,65 €
  • Tiraxe: Ilimitada

Esta emisión de Fauna está composta por catro selos dedicados a bolboretas cuxas especies son: Charaxes jasius, Melanargia ines, Argynnis adippe e Papilio machaon. De todas elas, os selos reproducen as súas imaxes.

30120111

Pertence a Charaxes jasius á familia Nymphalidae e é un lepidóptero da especie ditrisio. É tamén coñecida como a bolboreta do érbedo xa que a súa eiruga se alimenta das súas follas. Ten seis protuberancias parecidas a cornos na parte superior da cabeza. A parte interior das ás presenta franxas en negro, laranxa e amarelo, mentres que a parte exterior mostra manchas en tons branco, negro, laranxa e marrón avermellado, e posúe uns ocelos nas ás posteriores. Localízase nas rexións mediterráneas, norte de África e Portugal.

A Melanargia ines, tamén da familia Nymphalidae, é un lepidóptero que voa desde marzo ata xuño e que se encontra na Península Ibérica e norte de África. É unha bolboreta de tamaño medio, entre 40 e 48 mm, e tanto o anverso como o reverso son de cor branca cos nervios de cor negra moi marcados, formando manchas negras. O reverso das ás posteriores mostra ocelos de pupila azulada, rodeados por aneis concéntricos nos que destaca a cor vermella.

A Argynnis adipe, da familia Nymphalidae, voa entre os meses de maio a agosto e está distribuída por toda a Península Ibérica. No anverso das súas ás predomina a cor amarela alaranxada sobre a que destacan manchas negras, mentres que no reverso aparecen manchas brancas e outras vermellas formando círculos.

A Papilio machaon é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Papilionidae que se encontra na Península Ibérica e en amplas zonas do hemisferio norte. Dependendo do clima acostuma voar desde maio a outubro. O seu tamaño é entre 32 e 56 mm e nas súas ás aparecen tons amarelos, alaranxados, marróns, negros e leves manchas azuladas. Caracterízase polas colas que posúe nas ás posteriores.

Compárteo nas túas redes