Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

EFEMERIDES

  • Data de emisión: 08/02/2011
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,65 €
  • Tiraxe: 300.000

Ao cumprirse o 150 Aniversario da Lei hipotecaria, ponse en circulación un selo da serie Efemérides que reproduce o logotipo oficial creado para a conmemoración.

30220111

Foi o 8 de febreiro de 1861, baixo o reinado de Isabel II, cando se promulgou a Lei hipotecaria que veu significar a orixe e a fundación do sistema vixente de rexistro inmobiliario. A aparición da nova lei supuxo un dos momentos claves no cambio do ordenamento xurídico español, ao pasar dunha situación de acumulación normativa estratificada ao tratamento científico da norma, dando paso, así, ao proceso de leis codificadoras.

A primitiva norma lexislativa foi modificada, sucesivamente, ao longo dos 150 anos de existencia, durante os que se crearon institucións e organismos públicos. Ao amparo da lei creouse, tamén en 1861, o Rexistro da Propiedade que ten por misión, “a inscrición ou anotación dos actos e contratos relativos ao dominio e demais dereitos reais sobre bens inmobles”. Ten carácter oficial e o seu principal desempeño é darlles información fiable aos cidadáns no momento de realizar contratos sobre os bens inscritos. Este rexistro cumpre, basicamente, tres funcións: asentar sobre bases sólidas o sistema crediticio e hipotecario, darlles protección aos titulares dos dereitos inscritos e dotar de axilidade o tráfico xurídico inmobiliario.

Durante o reinado de Alfonso XII creuse o Corpo Nacional de Aspirantes a Rexistradores, os actuais rexistradores da propiedade, continuadores dos que hai 150 anos traballaban ao servizo da nación e da seguridade xurídica do dereito dos españois. En opinión do decano do Colexio de Rexistradores, a conmemoración do aniversario é: “unha oportunidade para facer pedagoxías da importancia da función rexistral e para tratar de ampliar a esfera das relacións corporativas, ao tempo que se contribúe á defensa de ideas e valores que están na base da súa función como son a propiedade privada, a seguridade xurídica, a unidade de mercado, os corpos nacionais ou a innovación tecnolóxica”.

Compárteo nas túas redes