Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CINE ESPAÑOL

  • Data de emisión: 22/07/2011
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,80 €
  • Tiraxe: 300.000 sellos de cada motivo
  • Dentado: 13 ¾

Luis García Berlanga e Rafael Azcona son dous destacados nomes da cinematografía que se recordan nesta serie dedicada ao Cine español.

30720111

O director de cine, Luis García Berlanga (Valencia, 1921-Madrid, 2010) estudou no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas de Madrid, institución creada en 1947 para atender a formación nas distintas disciplinas que conforman a produción cinematográfica. Pronto debutou como director e en 1951, en colaboración con Juan Antonio Bardem, dirixiu a película Esa pareja feliz. Ambos os cineastas son considerados os principais renovadores do cine español da posguerra. Entre as primeiras películas de Berlanga figura Bienvenido Mr. Marshall, na que plasma a sinxeleza dos habitantes dunha vila pequena que esperan a chegada dunha delegación americana e con ela a súa salvación. Durante varias décadas traballou co guionista Rafael Azcona dando lugar a unha rica filmografía, con títulos como Plácido (1961), El Verdugo (1963), La Escopeta Nacional (1977), La Vaquilla (1985), Moros y cristianos (1987) e París-Tumbuctú (1999), entre outros. Foi o primeiro presidente da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España. En 1981 recibiu o Premio Nacional de Cinematografía e a Medalla de Ouro das Belas Artes. En 1986 alzouse co premio Príncipe de Asturias das Artes. A súa película Plácido foi nominada ao Óscar e con Todos a la cárcel (1993) obtivo o Goya ao Mellor Director.

30720112

Rafael Azcona (Logroño, 1926-Madrid, 2008) foi un dos guionistas máis brillantes do cine español. Ao pouco de chegar a Madrid, na década de 1950, colaborou na revista de humor La Codorniz. A finais desa década iniciouse no cine co director italiano Marco Ferreri, con quen puxo en escena os seus primeiros guións de El Pisito e El Cochecito, nos que retrata con ironía a época escura e mísera da España do momento. Colaborou con grandes directores de cine como o devandito Berlanga e Carlos Saura, para quen escribiu Peppermint Frappé (1967), Ana y los lobos (1972) e La prima Angélica (1974). Para José Luis Cuerda fixo o guión de El Bosque animado (1988), polo que recibiu o Goya ao Mellor Guión, e adaptou La Lengua de las mariposas (1999). Outros directores cos que traballou foron Fernando Trueba, José Luis García Sánchez e Manuel Gutierrez Aragón. Foi Premio Nacional de Cinematografía en 1982 e Goya de Honor en 1988. Ao longo da súa carreira cinematográfica levou ao cine máis de 80 películas.

Compárteo nas túas redes