Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

FIESTAS POPULARES

  • Data de emisión: 20/01/2011
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,35 €
  • Tiraxe: 300.000
  • Dentado: 13 ¾

Ten a súa orixe a Festa de Sant Sebastià de El Pont de Suert, da que agora se celebra o 425 aniversario, na confraría do mesmo nome, que aínda que creada en 1503, non se formalizou ata 1586. A dita festividade, que se celebra durante os días 19, 20 e 21 de xaneiro, consta de actos relixiosos e civís contemplados no texto fundacional e nos estatutos da entidade, recollidos no Llibre Vell da confraría. Os seus regulamentos manteñen o espírito de devoción e culto a sant Sebastià, de irmandade entre os membros da asociación, con axudas aos máis necesitados, coidado dos enfermos e asistencia aos enterros.

40120111

Comeza a festa no anoitecer do día 19 coa misa de vixilia de sant Sebastià que dará paso á cea que se celebra na sede da confraría. Xa o día 20, tras o almorzo, terá lugar a misa de solemnidade de sant Sebastià e, a continuación, a procesión polas rúas da poboación. Tras concluír o acto relixioso, celébrase a comida de confrades e, durante o transcurso desta, entrégaselle ao padre predicador unha perdiz. Ao anoitecer, antes da cea, ten lugar o rosario e a adoración da reliquia de sant Sebastià. O día 21, despois do almorzo, celébrase unha eucaristía en recordo dos confrades falecidos ao longo do ano e, posteriormente, o xantar, coa elección dos novos priores que serán os encargados de organizar a festa o ano próximo. Consiste a cerimonia de elección en que os dous priores que xestionaron a confraría e organizaron a festa durante o ano, fanlles entrega dunha bandexa cunha mazá vermella aos confrades que serán os novos priores e estes, ao aceptala, quedan formalmente nomeados. Logo, ten lugar a entrega da mazá ás novas prioras, que acostuman ser as esposas dos priores acabados de nomear. Finaliza a xornada coa cea, última comida ritual coa que conclúe a Festa de Sant Sebastià. A tradición gastronómica nútrese de produtos ribagorzanos onde interveñen, entre outros, a girella, un embutido ancestral, tradicional da cocina da confraría, que é elaborado por un grupo de mulleres voluntarias de El Pont de Suert coa colaboración do cociñeiro da confraría.

O 19 de outubro de 2010, a Generalitat de Catalunya declarou a Festividade como Festa Tradicional de Interese Nacional. O selo reproduce, ao fondo, un fragmento do texto fundacional e en primeiro plano unha man cunha mazá vermella, simbolizando a entrega aos novos priores.

Compárteo nas túas redes