Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

MODA ESPAÑOLA. ELIO BERHANYER

  • Data de emisión: 20/10/2011
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado con microrelieve
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 49,8 mm. (verticales)
  • Tamaño da folla bloque: 105,6 x 150 mm. (vertical)
  • Valor postal dos selos: 0,80 €
  • Tiraxe: 280.000 hojas bloque
  • Dentado: 13 ¼ (horizontal) y 12 ¾ (vertical)
  • Tiraxe bloque: 280.000 hojas bloque

Unha folla bloque formada por catro selos, que reproducen diferentes modelos do modisto español Elio Berhanyer, ilustran a serie Moda Española 2011.

41020111

Elio Berenguer Úbeda, máis coñecido no mundo da moda como Elio Berhanyer, naceu en Córdoba en 1929. Con 17 anos trasladouse a Madrid e iniciouse de forma autodidacta no deseño de moda. En 1956 comezou a traballar como modisto e en 1960 abriu o seu propio taller de alta costura. Moi pronto o seu nome alcanzou renome internacional e ese mesmo ano obtivo o premio ao mellor deseñador, concedido pola Casa Cadillac, en Estados Unidos. Entre 1960 e 1970 presentou as súas coleccións de alta costura polas pasarelas máis importantes do mundo e actrices como Ava Gadner, a condesa de Romanones, a raíña Sofía ou a infanta Pilar vestiron algúns dos seus modelos.

Elio foi un dos primeiros deseñadores en crear, en 1969, unha liña de complementos, perfumes e accesorios. De estilo clásico, elegante e sofisticado, a partir de 1969 comezou a compaxinar a alta costura co prêt-à-porter, presentou a primeira colección desta liña en 1973. Nesa época gañou o concurso para uniformar as azafatas de Iberia, en 1982 deseñou o das azafatas do Mundial de Fútbol e, anos máis tarde, o do persoal da Feira de Madrid (IFEMA). Ao longo da súa carreira recibiu os premios máis prestixiosos da moda.

Nos selos reprodúcense: vestido longo de festa, confeccionado en tafetá de raión negro con vivos en branco, escote palabra de honor e volantes horizontais. Acompáñase cunha banda ancha na cintura. Ano 1970.

Traxe de chaqueta formado por vestido e chaqueta curta en dobre cara de algodón branco, estampado en verde e azul mariño que debuxa raias horizontais. 1970

Conxunto de abrigo e vestido ata o xeonllo. Abrigo a dobre cara de la cor amarela, escote a caixa e colo redondeado. O vestido é de la branca no corpo e amarelo na saia. 1972.

Vestido longo de festa de algodón branco combinado con estampados de lunares negros, de menor tamaño no corpo. Escote redondeado, manga curta e banda negra na cintura. Datado entre 1968 e 1975.

O vestiario forma parte dos fondos do Museo do Traxe, de Madrid, quen cedeu as imaxes para a súa reprodución.

Compárteo nas túas redes