Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CINE ESPAÑOL

  • Data de emisión: 26/04/2011
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado la hoja bloque, Offset el sello
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Valor postal dos selos: 2,84 € hoja bloque, 0,35 € el sello
  • Tiraxe: 280.000 hojas bloque, 300.000 sellos
  • Dentado: 13 ¾ (horizontal) 13 ¼ (vertical) hoja, 13 ¾ sello

A serie dedicada ao Cine Español conmemora con esta emisión, composta por unha folla bloque e un selo, o 25 aniversario da creación dos Premios Goya e o premio á mellor película de 2010.

50420111

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España concede anualmente os Premios Goya como recoñecemento aos mellores profesionais do cine nas distintas categorías. A creación destes premios xurdiu por iniciativa dun grupo de destacados profesionais que quixeron equiparar a industria cinematográfica española coa existente noutros países. Os Óscar de Hollywood, o Oso de Berlín, os Premios César do cine francés ou o León de Venecia son referentes similares outorgados noutras nacións.

50420112

Este ano, para conmemorar as vodas de prata dos Goya, a cerimonia tivo lugar por primeira vez no Teatro Real de Madrid, onde se lles entregaron as 28 estatuíñas aos mellores e máis destacados profesionais das distintas especialidades técnicas e artísticas que abarca o mundo do cine, así como o Goya de Honor, que se outorga como recoñecemento e homenaxe a toda unha vida dedicada ao cine.

A folla bloque dedícaselle ao 25 aniversario dos Premios Goya recordando, á súa vez, aos galardoados co Goya de Honor ao longo deste cuarto de século. Os nomes dos produtores, guionistas, directores de fotografía, directores de cine, actores e actrices premiados aparecen montados xunto a elementos representativos do cine.

O Goya á mellor película foi para a titulada Pa negre, do director Agustí Villaronga. Rodada en catalán, conta a historia dos anos duros da posguerra na Cataluña rural. A través dos ollos dun neno, do bando dos perdedores, vanse descubrindo as emocións e os sentimentos dos personaxes e as consecuencias da guerra. A película conseguiu nove estatuíñas, entre as que figuran o Goya ao mellor director, mellor actriz, director de fotografía, actriz de repartimento, actor revelación e actriz revelación, entre outros.

Compárteo nas túas redes