Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

AÑO DE ESPAÑA EN RUSIA Y DE RUSIA EN ESPAÑA

  • Data de emisión: 10/11/2011
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,80 €
  • Tiraxe: 300.000
  • Dentado: 13 ¾

O ano 2011 foi declarado oficialmente como o Ano de España en Rusia e de Rusia en España e a filatelia únese ao evento coa emisión dun selo conmemorativo.

51120111

A proposta de realizar o Ano Dual España-Rusia 2011 xurdiu por iniciativa dos presidentes de Goberno dos dous países durante a Conferencia Internacional que tivo lugar na cidade rusa de Yaroslav, en setembro de 2009. O obxectivo proposto está encamiñado a fortalecer as relacións científicas, culturais e educativas, así como a impulsar os contactos económicos e comerciais entre Rusia e España. Nesta liña expresouse o rei de España durante a inauguración do encontro, ao sinalar: “Rusia y España son dos naciones imprescindibles para poder entender la cultura, la historia y la identidad europea”. En referencia ao aspecto económico, don Xoán Carlos destacou as aspiracións por: “Profundizar las relaciones entre empresarios rusos y españoles … para completar sus posibilidades y capacidades en un mundo cada vez más global y competitivo”.

A realización do Ano Dual supuxo un paso importante nas relacións hispano-rusas e no achegamento entre ambos os pobos. Entre as actividades programadas figuran a realización de foros entre universidades, festivais de ballet e música, o intercambio temporal de obras mestras entre o Museo do Prado (Madrid) e o Hermitage (San Petersburgo), así como establecer canais de comunicación entre empresarios para mellorar os contactos entre os distintos sectores, facilitar os investimentos e o intercambio comercial.

O selo, deseñado por Lucinda Morrissey, intercala, a franxas verticais, as cores das bandeiras de España e de Rusia: vermello e branco na primeira franxa; amarelo e azul na segunda, e vermello na franxa final coa inscrición 2011 Ano de España en Rusia e de Rusia en España.

Compárteo nas túas redes