Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

INSTRUMENTOS MUSICALES

  • Data de emisión: 24/01/2011
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,35 €
  • Tiraxe: Ilimitada

A serie de selos dedicada a Instrumentos musicais ocúpase de catro instrumentos, tres de corda pulsada como son a guitarra, o laúde e a mandolina, e un de corda fretada como o violín.

60120111

A guitarra é un instrumento composto de caixa de madeira ou de resonancia, de mastro sobre o que vai acaroado o diapasón, cun burato acústico ou boca no centro e seis cordas. Sobre o diapasón van incrustados os trastes, que permiten as diferentes notas. Coñécese este instrumento como guitarra clásica ou española e entre as súas variedades figuran a guitarra acústica, flamenca, eléctrica e electroacústica.

O laúde é un instrumento parecido á guitarra aínda que con caixa de resonancia arqueada. A súa boca diferénciase da anterior por aparecer en forma de rosetón decorativo finamente tallado. Dentro das variedades de laúde temos o árabe, o chinés ou pipa e o español que se introduciu en Europa desde Al-Ándalus no período islámico.

A mandolina é un instrumento musical de catro cordas dobres e a súa caixa de resonancia pode ser cóncava ou plana. De procedencia italiana foi utilizado por moitos grandes compositores clásicos e por actuais, tanto para música tradicional como outros estilos. Entre as súas variantes encontramos a mandolina italiana, folk e bluegrass.

O violín, instrumento de corda fretada, dispón de catro cordas afinadas por intervalos de quintas. Consta dunha caixa de resonancia, con elegantes formas ergonómicas, constituída por unha táboa harmónica e outra de fondo en madeira de pradairo, ademais das cubertas laterais ou aros. A tapa harmónica ten no centro dúas aberturas de resonancia chamadas oídos, eses ou efes. Vén sendo utilizado en música clásica, folclórica e moderna.

Compárteo nas túas redes