Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

INSTRUMENTOS MUSICALES

  • Data de emisión: 02/04/2012
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,36 €
  • Tiraxe: Ilimitada

Cinco instrumentos musicais de corda, orixinarios de distintas partes do mundo, compoñen esta emisión de selos autoadhesivos.

10420121

A arpa foi utilizada desde tempos remotos polos pobos da antiga Mesopotamia e Exipto, de onde pasou a Grecia e aos países asiáticos. Durante a Idade Media alcanzou un grande apoxeo e no Renacemento perdeu interese polas escasas posibilidades diatónicas que presentaba. Tras ser perfeccionado o mecanismo para subir os tons, rexurdiu con gran forza no século XVIII. Ten forma triangular e está composta pola caixa de resonancia, a consola, na que se fixan as caravillas das cordas, e a columna que une as dúas partes.

A balalaica é de orixe rusa e utilízase para interpretar música popular. A caixa sonora, con forma triangular, é case plana e remata cun mastro longo e estreito con tres cordas que se pulsan cos dedos ou cun plectro. Sábese da súa existencia desde finais do século XVII e alcanzou o seu desenvolvemento no século posterior.

O banxo, moi utilizado polos negros de Estados Unidos no século XIX, é o instrumento máis popular da música tradicional norteamericana. A caixa de resonancia, de forma circular, vai cuberta con pel e unida a un mango moi longo que pode ter catro, cinco ou seis cordas É básico na música country e de jazz.

O sitar, de orixe india, produce un son metalizado e delicado, apropiado para expresar temas poéticos. Consta dunha caixa de resonancia de cabaza e un mastro con trastes móbiles, de latón ou prata, que o instrumentista acomoda para conseguir a escala. Algúns incorporan unha caixa de resonancia máis pequena na parte superior do mastro. O número de cordas é variable, entre 18 e 26, e púlsanse cunha puga.

O rabel introducírono os árabes en Europa na época medieval. Na nosa península é moi coñecido en Cantabria e en Castela e León. O instrumento é plano por encima e arqueado por debaixo e o corpo vaise estreitando cara á parte das caravillas. Adoita ter tres cordas, que se fretan cun arco curvo e moi curto. Utilizárono moito os xograres para acompañar as danzas populares.

As pezas reproducidas pertencen ao Museo Interactivo da Música de Málaga (MIMMA); un espazo concibido para que o son envolva e estimule os sentidos do visitante e para que principiantes e profesionais da música afonden nos seus coñecementos.

Compárteo nas túas redes