Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CATEDRALES. Catedral de Toledo

  • Data de emisión: 21/05/2012
  • Procedemento de Impresión: Calcografía y Offset
  • Papel: Estucado, engomado, mate, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Tamaño da folla bloque: 79,2 x 105,6 mm. (vertical)
  • Valor postal dos selos: 2,90 €
  • Tiraxe: 280.000 hojas bloque
  • Dentado: 13 ¾
  • Tiraxe bloque: 280.000 hojas bloque

A Catedral Primada de Toledo é o motivo desta emisión formada por unha folla bloque e un selo que reproducen a fachada principal e unha vista exterior do templo, respectivamente.

10520121

O inicio da construción da catedral data de 1226, cando o rei Fernando III o Santo e o arcebispo Rodrigo Jiménez de Rada colocaron a primeira pedra sobre os alicerces do templo visigodo que fora utilizado como mesquita.

Ao máis puro estilo gótico de influencia francesa, ten unha extensión de 120 m de longo por 59 m de ancho e 750 vidreiras ricamente ornamentadas. Este templo divídese en cinco naves, sostidas por 88 columnas, prologándose as naves laterais por detrás da capela maior formando un deambulatorio cun dobre corredor semicircular. No século XIV constrúese o claustro coas súas dependencias e un século máis tarde érguense as capelas de San Pedro e de Santiago, dando por concluídas as obras catedralicias en 1493.

Das diferentes capelas que compoñen a catedral, ocupa un lugar preeminente a capela maior, cun retablo de madeira policromada e dourada que se compón de tres corpos, con cinco alturas, finamente labrados con representacións relixiosas. No centro encóntrase o sagrario, tallado en filigrana sobre madeira. O retablo coróase cun calvario de grandes dimensións rodeado dun ceo estrelado. A capela maior péchase cunha reixa fabricada por Francisco de Villalpando, unha das máis ostentosas do Renacemento español. Detrás desta capela encóntrase o “transparente”, unha bufarda de estilo barroco pola que penetra a luz.

Outras capelas destacadas son: a Mozárabe, de San Ildefonso, de Santiago, dos Reis Novos, de San Blas e do Sagrario. Esta última acolle a Virxe do Sagrario, patroa da cidade. A imaxe é unha talla de madeira, revestida de prata e cuberta cun manto bordado en ouro e engastes de pedras preciosas. Sobre os xeonllos sostén o Neno, tamén recuberto en prata.

Fronte á capela maior encóntrase o coro, pechado por unha reixa labrada por Domingo Céspedes, no século XVI. O cadeirado alto, con 72 sitiais, é considerado único. O lado dereito foi tallado por Alonso Berruguete, fillo do pintor Pedro Berruguete e a parte esquerda por Felipe Bigarny. O cadeirado baixo, gótico, pertence ao mestre Rodrigo Alemán e representa unha escena da conquista de Granada.

Compárteo nas túas redes