Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CENTENARIO DEL COMITÉ OLÍMPICO ESPAÑOL

  • Data de emisión: 02/07/2012
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontales)
  • Efectos en prego: 16 efectos de cada motivo (16 x 3 = 48 sellos)
  • Valor postal dos selos: 0,85 €
  • Tiraxe: 300.000 sellos de cada motivo
  • Dentado: 13 ¾

Para conmemorar o Centenario do Comité Olímpico Español (COE), póñense en circulación tres selos dedicados a personaxes relacionados co olimpismo. O COE ten como principal función o desenvolvemento e a difusión dos ideais olímpicos.

10720121

Seguindo a orde cronolóxica, o primeiro dos selos recorda a Lucio ou Lucius Minicius Natalis, nacido en Barcino (a Barcelona romana) no ano 96 da nosa era. Do seu pai -que foi senador e ocupou cargos importantes durante os reinados de Traxano e Adriano- herdou a vocación pola política na que chegou a ser procónsul de África (actualmente Libia). No ano 129 participou na 227ª Olimpíada dos Xogos Helénicos, na carreira de cuadrigas, na que resultou gañador ao contar coa colaboración do mellor auriga de Tarraco. A súa fama estendeuse polo territorio Tarraconense e o Imperio Romano e para deixar constancia da súa vitoria ergueu, preto do hipódromo de Olimpia, unha estatua de bronce que representa unha cuadriga.

10720122

Gonzalo de Figueroa y Torres naceu en Madrid en 1861 e faleceu en Suíza en 1921. A el débese a creación do Comité Olímpico Español (COE), o 23 de novembro de 1912. Para coñecer a historia do COE hai que remontarse a principios do século XX, cando o barón Pierre de Coubertin, fundador dos Xogos Olímpicos modernos, tomou contacto coa Casa Real Española e solicitoulle a designación dun representante no Comité Olímpico Internacional (COI). A raíña rexente María Cristina encargou esta petición ao príncipe Carlos de Borbón, quen seleccionou para tal cometido a Gonzalo de Figueroa y Torres, conde de Mejorada del Campo e marques de Villamejor. Desde o seu cargo como membro do COI promoveu a creación do COE, do que foi presidente desde a súa fundación, en 1912, ata a súa morte, en 1921.

10720123

Juan Antonio Samaranch (Barcelona, 1920-2010) foi presidente do COI entre 1980 e 2001. Relacionado desde moi novo co mundo deportivo, foi delegado nacional de Deportes e presidente do COE entre 1967 e 1970, de onde saltou ao COI. En 1980 foi nomeado presidente desta organización deportiva internacional, onde traballou por poñer fin ao boicot político dos Xogos Olímpicos naquela década e por fomentar a participación dos deportistas profesionais, o que mellorou o nivel competitivo. Gran afeccionado á filatelia e dono dunha das coleccións máis importantes sobre olimpismo, impulsou a creación da Federación Internacional de Filatelia Olímpica, composta por máis de trinta asociacións de todo o mundo.

Compárteo nas túas redes