Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

MICOLOGIA

  • Data de emisión: 06/09/2012
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontales)
  • Efectos en prego: 16 efectos de cada motivo
  • Valor postal dos selos: 0,51 €
  • Tiraxe: 300.000 de cada motivo
  • Dentado: 13 ¾

Tres fungos forman a emisión dedicada á micoloxía: a Entoloma lividum, a Amanita verna e a Calocybe gambosa.

10920121

AMANITA VERNA. É unha seta branca, mortal, que sae en primavera. O sombreiro é branco, mide entre 5 e 10 cm, acostuma ser semiesférico aínda que unha vez desenvolvido adapta unha forma plana, con láminas brancas apertadas. O pé é esvelto e alongado, cun anel na parte superior e na súa base ten unha volva envolvente característica das amanitas. É pouco común en España e crece en bosques de frondosas e tamén de caducifolias. Xunto coa Phalloides e a Virosa forma o trío de amanitas mortais.

10920122

ENTOLOMA LIVIDUM. É coñecida tamén como seta enganosa. É tóxica e unha das que máis intoxicacións ocasiona. O sombreiro é de cor marfil, ocre ou crema e pode chegar a medir ata 20 cm. Ao principio é globoso, evolucionando a convexo con marxe curvada e non chega a ser completamente plano. As láminas son de cor amarelenta ou salmón. O pé é groso, abrancazado e avultado na base. Crece no outono en bosques de carballos ou faias agrupada en círculos ou fileiras. Pode confundirse coa Calocybe gambosa, aínda que esta ten as láminas brancas e sae en primavera. Produce trastornos dixestivos severos.

10920123

CALOCYBE GAMBOSA. É coñecida comunmente como Tullo e en Euskadi como Perretxiko. O sombreiro é de cor branca, ocre clara ou crema e pode medir ata 12 cm, ao principio convexo co bordo enrolado e máis tarde con forma case plana. As láminas son brancas. O pé é branco, robusto e de lonxitude variable. Crece en primavera en prados e baixo estripeiros ou arbustos, sempre en grupo. É comestible excelente e moi cotizada. Pode confundirse co Entoloma lividum, que é moi tóxica, aínda que esta crece en outono.

Compárteo nas túas redes