Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

TURISMO ESPAÑOL

  • Data de emisión: 02/01/2012
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: Tarifa B (1 sello = carta normalizada hasta 20 gr. Internacional Europa)
  • Tiraxe: Ilimitada

Datos da Organización Mundial do Turismo sinalan que España é un dos países que recibe maior número de turistas estranxeiros, cunha cifra que supera os 50 millóns anuais. Os miles de quilómetros de praias bañadas por suaves areas, a riqueza artística e cultural, a variada gastronomía, así como un clima soleado, que en moitas rexións supera os 300 días de sol ao ano, son algúns dos atractivos que orixinan a chegada de millóns de turistas de todos os lugares do mundo.

20120121

Foi na década de 1960 cando se produciu un despegue do turismo en España seguindo o modelo tradicional de sol e praia. A Costa Brava, a Costa do Sol e as illas Baleares e Canarias foron os destinos por excelencia de miles de cidadáns, principalmente europeos, que buscaban novos lugares de ocio e descanso. A fisionomía costeira foi cambiando e deuse paso á construción dunha infraestrutura hoteleira da que se carecía ata entón.

Anos máis tarde potenciáronse novas modalidades de turismo dirixido cara a actividades deportivas no ámbito rural, na montaña e na costa e promovéronse as viaxes por todo o territorio peninsular e insular para as persoas da terceira idade, cun forte apoio de ocupación hoteleira. O turismo cultural converteuse noutro dos puntos fortes de atracción, debido ao variado e rico patrimonio artístico que se reparte por toda a xeografía, xa que España é un dos países que conta con maior número de lugares declarados Patrimonio da Humanidade. O abano de posibilidades amplíase coa diversidade paisaxística e de espazos naturais que existen no país, ao que se suma un turismo de calidade promovido nos últimos anos.

Na actualidade, o sector turístico constitúe unha das bases principais da economía española, que, á súa vez, xera emprego nos distintos ámbitos de actuación.

O selo, de trazos sinxelos e cheos de colorido, debuxa un sol que irradia luminosidade e contraste sobre as augas azuis que bordean as costas españolas.

Compárteo nas túas redes