Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

II CENTENARIO DE LA REAL Y MILITAR ORDEN DE SAN FERNANDO

  • Data de emisión: 12/03/2012
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,85 €
  • Tiraxe: 300.000 sellos
  • Dentado: 13 ¾

A Real e Militar Orde de San Fernando é a máis antiga e prezada condecoración militar de cantas existen en España. Foi instituída mediante Decreto das Cortes de Cádiz, en 1811, e referendada por Fernando VII, en 1814.

20320121

Ao longo de douscentos anos de historia, o prestixioso galardón outorgóuselles aos membros das Forzas Armadas que demostraron o seu valor e heroísmo en momentos cruciais. Co paso dos anos, e co fin de evitar a desaparición dos cabaleiros laureados, no regulamento introducíronse paulatinamente modificacións para adaptalo á realidade social do momento, pero mantendo sempre viva a idea fundamental pola que foi creado. Así, tras a promulgación da vixente Constitución, de 1978, e a introdución de cambios no Ministerio de Defensa e nas Forzas Armadas, o novo regulamento preséntase máis acorde coa realidade actual.

En 2001 aprobouse o Regulamento da Real e Militar Orde de San Fernando que ten por obxecto: “Honrar o recoñecido valor heroico e o moi distinguido, como virtudes que, con abnegación, inducen a acometer accións excepcionais ou extraordinarias, individuais ou colectivas, sempre en servizo e beneficio de España”. Estas accións teranse presentes cando se produzan durante intervencións das Forzas Armadas, ou cando estas participen en misións internacionais baixo mandato de organizacións internacionais ou alianzas das que España forme parte.

O rei de España é o soberano da Orde de San Fernando e ten como misión presidir e expedir as reais cédulas das recompensas militares.

O prestixio e a categoría das condecoracións están avaladas polas rigorosas esixencias requiridas para iniciar o expediente de concesión. A máxima categoría corresponde á Gran Cruz Laureada, que se reserva para os oficiais xenerais dos exércitos. A seguinte en importancia é a Cruz Laureada, á que pode acceder o persoal militar ou civil que leve a cabo accións ou servizos excepcionais. Outras condecoracións son: Laureada Colectiva, Medalla Militar Individual e Medalla Militar Colectiva.

No selo reprodúcese a Cruz Laureada de San Fernando, formada por catro espadas unidas nos pomos das empuñaduras e rodeadas por unha coroa de loureiro.

Compárteo nas túas redes