Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PENDONES DE LEON

  • Data de emisión: 12/06/2012
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 57,6 x 40,9 mm (horizontal)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,85 €
  • Tiraxe: 300.000
  • Dentado: 13 ¼ (horizontal) y 13 ¾ (vertical)

En lembranza dos estandartes do antigo reino leonés, ponse en circulación o selo dedicado aos Pendóns de León. A imaxe ilústrase con catro estandartes ondeados polo vento e izados sobre longos mastro.

20620121

A orixe do pendón está ligado á época medieval e viña sendo unha bandeira ou insignia militar usada como distintivo polos señores feudais e as súas milicias. Nas guerras medievais non existían exércitos organizados e os reis e nobres reunían as súas mesnadas, homes armados ó seu servizo, que se identificaban polas bandeiras e as cores heráldicas. Elaborábanse en la, tea ou seda adamascada, de dimensións variables, e terminaban nunha ou varias puntas, sendo a punta inferior máis curta que a superior para que non se arrastrase polo chan. Os pendóns suxeitábanse nun longo pau ou mastro, que podían medir ata 13 metros e o peso do conxunto podía chegar aos 35 kg. Entre os distintos tipos de pendóns figuran o pendón cabaleiril, usado como insignia polos señores que levaban máis de 10 cabaleiros e menos de 50; pendón de Castela ou morado, identificador dos reis e pendón pousadeiro que se plantaba para designar os lugares onde debían acampar as hostes e indicaba que o señor levaba ás súas ordes máis de 50 cabaleiros e menos de 100.

Co transcurso do tempo os pendóns pasaron á sociedade civil e eclesiástica e usáronse pola igrexa e as confrarías relixiosas para guiar as procesións e celebracións cristiás. Na parte superior da vara incorporóuselles unha cruz.

Nos pendóns leoneses o colorido constitúe un sinal de identidade. Así, o vermello carmesí identifícase coa cor do Reino de León e aparece no seu escudo heráldico e no pendón real; o verde é a cor do Islam e relaciónase coa Reconquista; o morado asóciase popularmente coa Guerra das Comunidades e cos cultos de Semana Santa; o azul relaciónase coa Inmaculada e afírmase que a bandeira da guarnición de León, de 1596, era de cor azul, vermella e branca. Os tons branco, amarelo e crema adoitan utilizarse como sinais de paz durante a guerra e no culto ao Sacramento.

Nos últimos anos xurdiron organizacións dedicadas ao estudo, recuperación, conservación e difusión dos pendóns históricos que forman parte do acervo cultural do antigo reino de León.

Compárteo nas túas redes