Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CIENCIA

  • Data de emisión: 11/07/2012
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Efectos en prego: 25 efectos de cada motivo (25 x 2 = 50 sellos)
  • Valor postal dos selos: 0,36 €
  • Tiraxe: 300.000 sellos de cada motivo
  • Dentado: 13 ¾

Dúas áreas do saber relacionadas entre si, como son a Xeoloxía e a Paleontoloxía, forman esta emisión dedicada á Ciencia.

20720121

A Xeoloxía é a ciencia que ten como obxecto o estudo da Terra, dos materiais que a compoñen, da súa estrutura e dos procesos e alteracións que experimentou desde a súa orixe. Hoxe en día calcúlase que a Terra ten aproximadamente 4.500 millóns de anos e durante todo este tempo non parou de evolucionar. A historia da xeoloxía orixinouse xa na antigüidade, coa extracción e o comercio de pedras e metais e polo interese dalgúns por coñecer os fenómenos naturais, como a erupción dos volcáns e os tremores da terra. Nos séculos XIX e XX adquiriu un gran impulso. Creáronse as primeiras sociedades xeolóxicas, imprimíronse os primeiros mapas xeolóxicos e codificouse o uso dos termos científicos relacionados con este coñecemento.

A xeoloxía é unha ciencia complexa que abarca distintas disciplinas. Así, a xeoloxía estrutural dedícase ao estudo da codia terrestre; a xeoloxía histórica, ás transformacións da Terra; a vulcanoloxía, ao relacionado cos volcáns e as erupcións. As necesidades sociais e económicas deron lugar ao desenvolvemento de novas ramas e á aplicación da xeoloxía a outras ciencias que permiten explotar as materias primas, como os xacementos mineiros, o petróleo ou a auga.

No selo preséntase unha sección da codia terrestre.

20720122

A Paleontoloxía dedícase ao estudo dos fósiles; ao estudo dos seres vivos desaparecidos (vexetais, animais e homes) que poboaron a Terra. Forma parte das Ciencias Naturais e comparte fundamentos e métodos coa Xeoloxía e a Bioloxía. Entre as súas razóns de estudo figuran a reconstrución dos seres vivos xa extinguidos; a súa orixe e evolución; as relacións entre eles e o seu contorno; a distribución do espazo e as súas migracións; os procesos de extinción; a fosilización dos seus restos e a datación das rochas que os conteñen. Ao igual que outras ciencias naturais, o seu estudo divídese en varias ramas, sendo as máis coñecidas: a paleozooloxía, dedicada ao estudo do reino animal; a paleobotánica, relacionada cos seres vexetais; a paleoxeografía, que estuda a xeografía e a topografía do pasado, e a paleoantropoloxía, relacionada co ser humano.

No selo recóllese unha capa de sedimentos con trilobites.

Compárteo nas túas redes