Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

BICENTENARIO DE LA CONSTITUCIÓN DE 1812

  • Data de emisión: 16/03/2012
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 33,2 x 49,8 mm. (vertical)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,36 €
  • Tiraxe: 300.000 sellos
  • Dentado: 12 ¾

Coincidindo co Bicentenario da Constitución de 1812, ponse en circulación un selo conmemorativo que reproduce a portada da edición de luxo gravada por José María de Santiago e dedicada ás Cortes. Esta obra, publicada en 1822, durante o trienio liberal, presenta todo o texto enmarcado cunha orla arquitectónica e o principio de cada título decorado cunha alegoría alusiva ao seu contido.

30320121

Composta por dez títulos e 384 artigos, a Constitución de 1812 é un dos textos xurídicos liberais máis importantes da historia. Foi aprobada nas Cortes de Cádiz o 19 de marzo de 1812, día da festividade de San Xosé, polo que é coñecida popularmente como “A Pepa”. Moitos dos seus principios fundamentais seguen vixentes na actualidade e no momento da súa proclamación significou un avance de modernidade e unha ruptura co Antigo Réxime.

Os principais trazos que establece son: a soberanía nacional; a separación de poderes entre o lexislativo, executivo e xudicial; o dereito de representación; o recoñecemento de dereitos individuais, como a liberdade de expresión, de prensa e imprenta, a inviolabilidade do domicilio, a liberdade persoal e o dereito á propiedade. Así mesmo, establece como forma de estado a monarquía constitucional e limitada e instaura a igualdade dos cidadán ante a lei. Establece, tamén, a relixión católica como a única confesión relixiosa do Estado e o sufraxio universal masculino indirecto para os maiores de 25 anos, que elixirían os compromisarios que, á súa vez, elixirían os deputados.

A Constitución rexeu durante escasos períodos de tempo (de 1812 a 1814; durante o trienio liberal de 1820 a 1823 e no período de 1836 a 1837) e sufriu os avatares políticos do primeiro terzo do século XIX, aínda que tivo un significado transcendental na historia de España e sentou as bases das constitucións posteriores. Foi xurada nos territorios das colonias americanas e serviu de modelo constitucional para gran parte das repúblicas que se independizaron entre 1820 e 1830. Non en van participaron na composición do texto representantes das colonias que, posteriormente, contribuirían na redacción das constitucións dos seus países. Foi traducida ao inglés, francés, alemán, portugués e italiano como un dos textos xurídicos e democráticos máis célebres do momento.

Compárteo nas túas redes