Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PERSONAJES

  • Data de emisión: 11/04/2012
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontales)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,70 €
  • Tiraxe: 300.000 sellos de cada motivo
  • Dentado: 13 ¾

O golfista Severiano Ballesteros, o poeta José Hierro e o musicólogo Manuel García Matos son as celebridades que ilustran a serie Personaxes deste ano.

30420121

Severiano Ballesteros (Pedreña, Cantabria, 1957-id., 2011) foi o golfista español máis grande de todos os tempos e un dos mellores do mundo. Con apenas 10 anos comezou a súa carreira como caddie e en 1974 converteuse en profesional. Moi pronto chegaron os seus triunfos e a súa fama internacional. En 1979 alzouse co Open Británico, un dos torneos máis prestixiosos do mundo, que revalidaría en dúas ocasións máis. En 1980 logrou o Máster Augusta, no que por primeira vez un europeo se facía co trofeo e se enfundaba a chaqueta verde. Volveuno conquistar en 1983. En repetidas ocasións foi campión do mundo nas competicións máis reputadas, como a Rydes Cup e Match Play, e polas súas vitorias foi elixido o mellor xogador da década de 1980. En 2007 retirouse, deixando para a posteridade un estilo de xogo espectacular. Un dos seus grandes logros foi popularizar o golf; un deporte case descoñecido no noso país e reservado para as elites ata a súa chegada.

30420122

José Hierro (Madrid, 1922-id., 2002) é un dos poetas máis representativos da poesía de posguerra. Fillo do telegrafista Joaquín Hierro, comezou a publicar en medios afíns á república. Por motivos políticos estivo encarcerado, o que marcou a súa vida e traxectoria poética. En 1947 publicou os dous primeiros libros: Tierra sin nosotros e Alegría nos que se perciben o estado pesimista e amargo do país. A súa poesía trata de temas sociais, do paso do tempo e das lembranzas, con expresións sinxelas e cheas de significado. Da súa antoloxía caben citar: Con las piedras, con el viento; Quinta del 42; Libro de las alucinaciones; Cuanto sé de mi y Cuaderno de Nueva York, a súa obra mestra. Entre os numerosos galardóns que recibiu figuran: Premio Nacional de Literatura, Premio Nacional de Poesía, Príncipe de Asturias das Letras e o Cervantes.

30420123

Manuel García Matos (Plasencia, Cáceres, 1912-Madrid, 1974) é recoñecido como un dos musicólogos e folcloristas de maior prestixio e fama. Dotado para a música, estudou solfexo, contrapunto e diversos instrumentos musicais. Fundou os Coros Extremeños e dedicouse a recompilar cancións e bailes desa zona, chegando a recoller máis de 1.200 composicións. Por encargo do Instituto de Musicoloxía reuniu a música dispersa por todo o país. En 1945 obtivo o Premio Nacional de Folclore e ocupou a cátedra desta rama no Real Conservatorio de Música de Madrid ata a súa morte.

Compárteo nas túas redes