Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CATEDRALES. Catedral de Burgos

  • Data de emisión: 16/03/2012
  • Procedemento de Impresión: Calcografía y Offset
  • Papel: Estucado, engomado, mate, fosforescente
  • Tamaño do selo: 104,5 x 150 mm. (vertical)
  • Tamaño da folla bloque: 104,5 x 150 mm
  • Valor postal dos selos: 2 €
  • Tiraxe: 280.000 hojas bloque
  • Dentado: 13 ½ circular

Un dos edificios máis fermosos e representativos da arte gótica europea é a Catedral de Burgos, excepcional conxunto arquitectónico do que Correos emite unha folla bloque dentro da serie dedicada ás Catedrais.

40320122

Este fermoso templo, como a maioría dos da súa categoría, foise construíndo ao longo de varios séculos. De feito, iniciouse a súa construción no ano 1221, por mandato do rei Fernando III o Santo, sendo bispo don Mauricio, e foi consagrada en 1260. As súas obras prolongáronse ata o ano 1765. Co paso do tempo, ao edificio inicial, que conta con tres naves, deambulatorio, nave transversal, sancristía e 19 capelas, fóronselle sumando outras construcións como o claustro. No século XV, por encargo do bispo Alonso de Cartagena, Juan de Colonia levantou as esveltas agullas que coroan as torres da fachada principal e a finais deste mesmo século, Simón de Colonia encargouse de construír, para o condestable de Castela, don Pedro Fernández de Velasco, a denominada capela dos Condestables. Renacentista é o retablo da capela maior onde destaca a talla de Santa María a Maior.

No século XVI construíuse o ciborio do cruceiro e a espléndida e bela Escaleira Dourada, obra excepcional de Diego de Siloé, para a que este se inspirou no renacemento italiano. Do século XVIII é a capela de Santa Tegra, da que destaca a súa peculiar decoración barroca. Sábese que interviñeron na construción da catedral numerosos e acreditados artífices como o mestre Enrique, Pedro Sánchez, Juan Pérez, Juan Vallejo e Francisco de Colonia. De igual xeito, interviñeron escultores como Gil e Diego de Siloé, pintores como Alonso de Sedano e mestres vidreiros como Arnao de Flandes. Outras capelas destacables son as da Presentación, das Reliquias, de Santiago, da Visitación, etc. Do exterior salientamos, ademais da fermosa panorámica que ofrecen as súas estilizadas torres xemelgas, situadas na súa fachada principal na que achamos a súa porta Real ou do Perdón, o seu impresionante rosetón e a galería de imaxes pétreas que conforman as figuras dos oito Reis de Castela sobre os que aparece a imaxe de Santa María. Tamén do exterior, pola súa ornamentación e singular construción, chaman a atención as súas portas do Sarmental, do século XIII, a tamén gótica da Coronería ou dos Apóstolos e a da Pellejería, esta última construída por Francisco de Colonia en 1516.

Pola súa magnitude e beleza, a Catedral de Burgos obtivo o merecido título de Patrimonio da Humanidade no ano 1984.

Compárteo nas túas redes