Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PERSONAJES. ANTONIO MINGOTE

  • Data de emisión: 30/05/2012
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,36 €
  • Tiraxe: 300.000 sellos
  • Dentado: 13 ¾

Debuxante, escritor, periodista e académico da lingua, Antonio Mingote, Carteiro Honorario do correo español, é o Personaxe que ilustra este selo que rende homenaxe ao gran mestre do humor.

40520121

Ángel Antonio Mingote Barrachina nace en Sitges (Barcelona), en 1919, e morre en Madrid, en 2012. Pasa a súa infancia entre Daroca, Calatayud e Teruel. Na Guerra Civil, e con apenas 17 anos, alístase no exército e xa en época de paz estuda dous cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza e entra na Academia de Transformación de Infantería de Guadalaxara.

En 1944, trasládase a Madrid e dous anos máis tarde comeza a súa carreira como humorista gráfico na revista La Codorniz, guiado polo seu amigo e director da publicación Álvaro de Laiglesia. Neste semanario, e cos seus debuxos cargados de humor, deixa ver a realidade social da época á vez que ridiculiza a cursilería e a ranciedade imperante. En 1948, publica a súa primeira novela: Las palmeras de cartón. Amigo dos faladoiros e dos cafés, pasa longas horas conversando cos seus amigos mentres pensa e debuxa sobre un anaco de papel.

En 1953 incorpórase ao xornal ABC, onde permanece ata a súa morte publicando un chiste diario. Nas súas historietas, ambientadas con escenas, personaxes e mensaxes cargadas de significado, Mingote atrévese con todos os estamentos e saca punta á realidade vivida en cada momento. En total, deixou para esta publicación máis de 24.000 debuxos.

En 1955, comeza a dirixir a revista de humor Don José, na que empezaron a publicar escritores e debuxantes innovadores hoxe famosos. En 1974, escribe a comedia musical El oso y el madroño e ao ano seguinte prepara para televisión a serie Ese señor de negro. Os anos pasan e Mingote non cesa de traballar. Escribe guións de cine, publica unha nova novela, colabora na radio, pinta murais… En 1987 é elixido membro da Real Academia Española e recibe múltiples condecoracións polo seu traballo. En 2011, o rei Don Xoán Carlos I concédelle o título de marqués de Daroca.

En 1998, e a petición de Correos, deseña a serie titulada Correspondencia epistolar escolar, composta por 24 selos que recollen escenas da inmortal obra Don Quijote de la Mancha. Por este motivo foi nomeado Carteiro Honorario de España ese mesmo ano.

Compárteo nas túas redes