Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

ARTE CONTEMPORÁNEO. MANOLO VALDÉS

  • Data de emisión: 18/07/2012
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Tamaño da folla bloque: 79,2 x 105,6 mm. (vertical)
  • Valor postal dos selos: 0,51 €
  • Tiraxe: 280.000 hojas bloque
  • Dentado: 13 ¾
  • Tiraxe bloque: 280.000 hojas bloque

Unha folla bloque con catro selos representativos da pintura e a escultura de Manolo Valdés forman esta serie dedicada á Arte Contemporánea.

50720121

Nado en Valencia en 1942, a vida artística de Manolo Valdés iníciase na Escola de Belas Artes de Valencia, onde ingresa en 1957 e abandona dous anos máis tarde para dedicarse de cheo á pintura. Moi pronto demostra a súa capacidade creadora e, con outros artistas do momento, defende o novo papel da arte nunha España en proceso de transformación. En 1964 funda con Juan Antonio Toledo e Rafael Solbes o Equipo Crónica, do que Toledo se desliga pronto e no que permanece ata a morte de Rafael Solbes en 1981. Este equipo utiliza o nome do colectivo en lugar do individual e cultiva unha pintura figurativa dentro da tendencia do pop art.

A partir de 1981 inicia a súa andaina en solitario e busca un novo estilo que o afasta da etapa anterior do Equipo Crónica, aínda que aproveita a bagaxe e a experiencia adquirida. En 1989 trasládase a Nova York e experimenta con novas formas de expresión, que supoñen un cambio definitivo na súa carreira artística.

Manolo Valdés toma como referencia, para moitas das súas obras, os grandes mestres da pintura, como Goya, Velázquez ou Zurbarán, así como os pintores máis vangardistas, como Monet, Matisse, Picasso ou Miró. Para a súa pintura utiliza diferentes materiais e texturas, como estopa, liño, lenzo e aproveita as teas rachadas e cosidas para plasmar sobre elas as súas pinturas cheas de cor.

Como escultor traballou todo tipo de materiais: bronce, madeira, alabastro, mármore, chumbo, cinc e cristal. Realizou grandes formatos para espazos públicos, como a Dama de Elche, de máis de vinte metros de altura, exposta en Valencia, a Infanta Margarita, de sete metros, en Alcobendas (Madrid) ou a Dama do Manzanares, de trece metros, en Madrid. A colección de Meninas, que se expuxo de forma itinerante polas rúas de Valladolid, Sevilla, Salamanca ou Madrid, así como as cabezas de mulleres con sombreiros son outras das súas obras singulares.

O artista vive na actualidade entre Nova York e Madrid.

Nos selos reprodúcense dous óleos sobre estopa: Perfil con fondo azul e Vivianne III, e dúas esculturas: unha versión en mármore da Infanta Margarita, de 1995, e unha versión en madeira da Raiña Mariana, de 1982.

Compárteo nas túas redes