Emisión
ARTE CONTEMPORÁNEO
- Data de emisión: 11/03/2013
- Procedemento de Impresión: Huecograbado
- Papel: Estucado, engomado, fosforescente
- Tamaño do selo: 33,2 x 33,2 mm.
- Tamaño da folla bloque: 79,2 x 105,6 mm (vertical)
- Valor postal dos selos: 0,52 €
- Tiraxe: 280.000 hojas bloque
- Dentado: 12 3/4
Catro das obras máis representativas do pintor e escultor manchego Antonio López compoñen esta folla bloque dedicada á Arte Contemporánea
Antonio López nace en 1936 en Tomelloso (Cidade Real). Influenciado polo seu tío, o pintor Antonio López Torres, iníciase sendo case un neno na pintura. Entre 1950 e 1955 estuda na Escola de Belas Artes de San Fernando (Madrid), onde con outros pintores do momento se forma a chamada Escola Madrileña. Nesta cidade fai as súas primeiras exposicións individuais e, entre 1964 e 1969, exerce de profesor da Cátedra de Preparatorio de Colorido da Escola de Belas Artes de San Fernando.
A súa obra reflicte a realidade que o rodea e plasma detalles que rozan o fotográfico. Inclínase por estampas de Madrid, retratos de familia e obxectos cotiáns. Pinta de forma lenta e meditada, dedicando varios anos ata completar a obra.
O selo, Gran Vía, 1974-1981, reproduce un dos seus cadros máis coñecidos. O autor conta que durante os veráns que pintou o cadro, levantábase ao amencer e instalábase, co cabalete e as pinturas, na illa peonil que separa a Gran Vía da rúa Alcalá (Madrid) para captar a primeira luz da mañá. Retrata unha rúa solitaria e silenciosa, afastada do balbordo doutras horas do día. Pertence a unha colección privada.
En Lavabo e Espello, 1967, Antonio López proxecta o conxunto dun lavabo cos seus elementos, unha repisa e un espello situado sobre esta. A obra exponse no Museum of Fines Arts, en Boston (EEUU).
O cadro titulado a Neveira Nova, 1991-1994, capta o aspecto íntimo e caseiro, cunha neveira na que se percibe o interior. Pertence á Colección de Florentino Pérez, de Madrid.
Finalmente, a obra Casa de Antonio López Torres, 1972-1980, reproduce a casa do seu tío cos chans de cerámica, aparador, lámpada e ao fondo outra estancia. Forma parte da Fundación Sorigué (Lleida).
Recoñecido mundialmente, Antonio López conta co Premio Príncipe de Asturias das Artes, 1985; Medalla de Ouro da cidade de Madrid, 2010 e Premio Príncipe de Viana de Cultura, 2012, entre outros galardóns.