Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CINE ESPAÑOL

  • Data de emisión: 08/04/2013
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm (horizontales)
  • Tamaño da folla bloque: 79,2 x 105,6 mm (vertical)
  • Valor postal dos selos: 0,52 €
  • Tiraxe: 280.000 hojas bloque
  • Dentado: 13 3/4

Unha folla-bloque con tres selos, dedicados a directores e actores do mundo da cinematografía, forman esta serie do Cine Español.

10420131

Rafael Gil (Madrid, 1913-1986) traballou desde moi novo como crítico de cine en periódicos, revistas e programas de radio. En 1941 dirixiu a primeira película: El hombre que se quiso matar e en 1943 obtivo o primeiro éxito da súa carreira cinematográfica con Huella de Luz. Durante esa década rodou adaptacións de obras coñecidas como: Eloísa está debajo de un almendro, El Clavo ou Don Quijote de la Mancha. A partir de 1952 dirixiu películas relixiosas que daquela estaban moi en voga como: La Señora de Fátima, La Guerra de Dios e El Beso de Judas, coas que gañou varios premios nos Festivais de Cine de Venecia, de Donostia e da Crítica de Nova York. Nas décadas de 1960 e 1970 volveu dirixir adaptacións literarias. Desa época son: Siega verde, Nada menos que todo un hombre e La duda. Foi un dos directores máis importantes do cine español, con 69 películas.

O polifacético Fernando Fernán Gómez (Lima, 1921-Madrid, 2007) foi actor, escritor e director de cine. Comezou a actuar na década de 1940 en películas como: Domingo de Carnaval e Botón de ancla. Co paso dos anos a súa carreira fíxose máis selectiva e traballou cos directores máis destacados do momento, deixando títulos como: El espíritu de la colmena; Mamá cumple cien años; El abuelo ou La lengua de las mariposas. Dirixiu cerca de 30 películas, sendo unha das máis coñecidas: El viaje a ninguna parte e chegou a actuar en case 170 películas. Entre os seus premios figuran varios Goyas, o Oso de Ouro en Berlín e o Príncipe de Asturias das Artes. É o único actor que ingresou na Real Academia Española (RAE).

Tony Leblanc, nome artístico de Ignacio Fernández Sánchez (Madrid, 1922-Villaviciosa de Odón, Madrid, 2012), foi actor e humorista. En 1944 debutou na Compañía de Celia Gámez e un ano máis tarde no cine en Los últimos de Filipinas. A partir de 1955 alcanzou o estrelato con películas como: El Tigre de Chamberí; El día de los enamorados ou Las chicas de la Cruz Roja, rodaxes que compaxinou coa aparición en espazos de humor de televisión. Tras retirarse do cine en 1975, o director Santiago Segura rescatouno para a película Torrente (1998) na que obtivo o Goya ao Mellor Actor de Repartimento. Desde 2001 participou na serie de TVE: Cuéntame cómo pasó, interpretando ao entrañable quiosqueiro Cervan.

Compárteo nas túas redes