Emisión
Dia de la igualdad salarial
- Data de emisión: 22/02/2013
- Procedemento de Impresión: Offset
- Papel: Autoadhesivo fosforescente
- Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
- Efectos en prego: 25
- Valor postal dos selos: 0,52 €
- Tiraxe: ilimitada
Baixo o título Día da Igualdade Salarial ponse en circulación un selo autoadhesivo da serie Valores Cívicos, que pon de relevo a discriminación que sofre a muller con respecto ao home na remuneración do seu traballo.
Datos da Unión Europea apuntan a que as mulleres gañan menos ca os homes e a porcentaxe varía considerablemente duns países a outros. Por este motivo e para concienciar os cidadáns das diferenzas salariais, o Parlamento Europeo declarou o 22 de febreiro como Día Europeo pola Igualdade Salarial entre homes e mulleres, unha conmemoración que se fixo extensiva no ámbito internacional. A elección desta data ten que ver co número de días de máis que as mulleres deben traballar para situarse ao mesmo nivel salarial que os homes. De forma que o que eles cobran o 31 de decembro tras un ano traballado, as mulleres terían que facelo ata o 22 de febreiro para percibir a mesma cantidade.
A diferenza salarial entre homes e mulleres vén explicada por unha serie de factores como: a discriminación directa, xa que algúns homes gañan máis ca as mulleres no mesmo posto de traballo; la infravaloración do traballo, xa que traballos que requiren a mesma capacidade, cualificación e experiencia están infravalorados na muller; e segregación no mercado laboral, debido a que homes e mulleres tenden a traballar en empregos diferentes. Outros factores apuntan, ademais, a: tradicións e estereotipos, posto que as carreiras profesionais entre os dous xéneros tenden a ser diferentes pola formación educativa e, finalmente, a conciliación da vida profesional e a vida familiar, dado que as mulleres teñen máis dificultade para a conciliación, as tarefas familiares non están compartidas equitativamente e a taxa de emprego das mulleres con fillos dependentes é menor que no home.
Estudos realizados sobre a diferenza salarial de xénero indican que a eliminación desta suporía: a creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria; a creación de empregos de calidade; beneficiaríanse as empresas, os traballadores/as, e diminuiríase o número de procesos e reclamacións.