Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PATRIMONIO NACIONAL. Tapices.- 2013

  • Data de emisión: 25/04/2013
  • Procedemento de Impresión: Calcografía y Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 57,6 x 40,9 mm. (horizontal)
  • Tamaño da folla bloque: 144 x 115 mm. (horizontal)
  • Valor postal dos selos: 3,10 €
  • Tiraxe: 280.000 hojas bloque
  • Dentado: 13 1/4 (horizontal) 13 3/4 (vertical)

Entre as obras histórico-artísticas que forman parte de Patrimonio Nacional -organismo encargado da custodia, xestión e administración dos bens de titularidade do Estado cedidos pola Coroa- encóntrase o tapiz titulado Voda de Zenobia e Odotano, cuxo conxunto se reproduce na folla bloque que forma esta emisión.

30420131

Elaborado en Bruxelas, cara a 1660, o tapiz da Voda de Zenobia e Odonato foi confeccionado con fíos de seda e la no taller de Gerardo Peemans. Estes personaxes, do século III, aparecen no centro do tapiz collidos da man. Odonato foi rei de Palmira, na actual Siria. Tomou por segunda esposa a Zenobia, quen, tras o asasinato do seu home, se fixo coas rendas do poder e fundou o imperio de Palmira.

Todo o tapiz está ornamentado con grilandas de flores e froitos que se entrelazan nos laterais con figuras de querubíns. Na orla superior figura a inscrición: Nubit Odonato / Regina Zenobia / Mater Afirmatis / Foedus Iungit Utrique Manum. A orla inferior adórnase con grilandas, paxaros e ramas de coral. O tapiz complétase, á esquerda, cun sacerdote que ofrece un sacrificio e, á dereita, cun grupo de mulleres novas que suxeitan o corno da abundancia. Os tapices bruxeleses comezaron a asinarse a partir de 1528 para evitar imitacións fraudulentas.

A historia do tapiz vai unida á do tecido e coñécese desde tempos remotos. A súa misión era cubrir as paredes espidas con teas decorativas que á súa vez illaban do frío. As escenas reproducidas eran do máis variadas e podían facer referencia á mitoloxía, temas relixiosos, motivos heráldicos, plantas, animais, personaxes da nobreza ou representacións minuciosas da vida cotiá.

Na fabricación dos tapices utilízanse os teares de alto lizo, cando se dispoñen de forma vertical, ou de baixo lizo, cando o tear se coloca horizontalmente. En ambos os casos o tecedor traballa polo envés seguindo o cartón deseñado polo artista. Os materiais utilizados varían segundo as épocas. Así, tradicionalmente, empregáronse a la, a seda, os fíos de ouro e de prata, mentres que na actualidade se introduciron grandes innovacións tanto nos materiais como na técnica.

O tapiz que nos ocupa encóntrase no Palacio Real, en Madrid, onde se conserva unha boa colección de téxtiles.

Compárteo nas túas redes