Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Álbums

Bólas de Nadal 2017

  • Tipo: Á venda a partir do 6 de novembro de 2017
  • Temática: Nadal
  • Ano: 2017
  • Mes: 11
  • Medidas: 3 bólas de 66 mm de diámetro
  • Encadernación: Serigrafía e tampografía
  • PVP: 15 € (IVE incluído)     Sujeto a cambio de tarifa anual vigente.

Ver tamén  "6 Tarxetas do Nadal Filatélicas - 2017"

Filatelia na árbore de Nadal

Para o Nadal 2017, Correos invita a todos os seus clientes e usuarios a que adornen a súa árbore de Nadal cunhas orixinais bólas filatélicas.

A filatelia española continua a súa liña de innovación, iniciada no Nadal do 2015, lanzando un novo produto que une a orixinalidade dun regalo especial co coleccionismo ligado ao selo. Nos anos 2015 e 2016 emitíronse napolitanas de chocolate e galletas con motivos filatélicos. Motivados pola aceptación que recibiu tal iniciativa entre os clientes e usuarios, e para non deixar de achegar o selo á sociedade, Correos decide continuar o 2017 con este tipo de acción ao considerar que constitúe un importante paso na difusión do selo. Este 2017 abandona a temática doce para dar paso á decorativa, cunhas bólas do Nadal que serán, sen dúbida, obxecto de desexo de coleccionistas e regalo orixinal para o Nadal.

Trátase de tres bólas de 66 mm de diámetro presentadas nun distinguido estoxo dourado. As bólas están fabricadas en cristal de alta calidade de orixe alemá, e nelas represéntanse motivos do Nadal como o reno, Papá Noel ou a estrela que guiou os Reis Magos. Dúas bólas son azuis e están serigrafiadas con motivos do Nadal; a terceira é de cor dourada e presenta unha colaxe de selos de Nadal impresos en tampografía.  

Correos quere mostrar outra imaxe da Filatelia á sociedade, máis próxima, moderna e innovadora, que neste caso permite gozar dos selos non soamente dende un punto estético, senón decorativo.

Edición limitada a 1.000 exemplares.

PVP 15 € (IVE incluído) 

 

Xa pode adquirilo, non deixe pasar esta oportunidade:

 - Correo electrónico:      atcliente.filatelia@correos.com

 - Teléfono:   902 197 197

 - Filatelia online: Realice un pedido  (só para clientes rexistrados)

 

Imaxe:

Bolas de Navidad 2017
Compárteo nas túas redes