Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Álbums

Gravados. Os mellores selos calcográficos.

  • Tipo: Publicación monográfica (Ver imaxes abaixo)
  • Temática: 5 Gravados
  • Ano: 2018
  • Mes: 5
  • Medidas: 35,4 x 28 cm carpeta pechada
  • Encadernación: Carpeta en material guaflex con estampaxe en prata e fitas de seda para peche
  • Autor: Reprol & Art - Talla Doce Taller de Gravado
  • PVP: 250 € (IVE incluído)     Sujeto a cambio de tarifa anual vigente.

Xa á venda a 5ª colección de gravados de Correos.   

 

Ver tamén gravados anteriores:   "1. Gravados - O GRECO"  -   "2. Gravados - Sta. Teresa" – “3. A arte nos selos - I”   -   ''4. A arte nos selos - II''

Como vén sendo habitual estes últimos anos, este 2018 Correos quixo continuar a colección de gravados cunha emisión distinta saíndo da temática da pintura e poñendo o foco esta vez en ‘Os mellores selos calcográficos’.

Unha técnica de impresión única que ben mereceu a dedicación para plasmar en gravado 5 selos que ademais obtiveron grandes premios de Filatelia Internacional.

Os selos calcográficos elixidos para esta colección de gravados foron:

  • Catedral de Salamanca. Emisión 2016. Conxuntos Urbanos Patrimonio da Humanidade, Gran Premio da Arte Filatélica Belga e Europeo na categoría Selos calcográficos.
  • O Real Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial. Emisión 2013. Serie Patrimonio Mundial, Gran Premio da Arte Filatélica Belga e Europeo, categoría Selos Calcográficos.
  • Catedral de Burgos. Emisión 2012. Gran Premio da Arte Filatélica Belga e Europeo, categoría Selos Calcográficos
  • Tapiz A voda de Zenobia e Odonato. Emisión 2013. Serie Patrimonio Nacional. Premio NEXOFIL Mellor Proba de Luxo de España.
  • A Alhambra de Granada. Emisión 2011. Serie Patrimonio Mundial.

Este ano, como REGALO especial inclúese na carpeta un gravado orixinal prancha de cobre á augaforte e buril dedicado ao selo de 2016 Defensa e Promoción do Patrimonio Cultural e Natural do noso país.

Tiraxe 300 unidades. Numeradas do 1/300 ao 300/300 e asinadas polo autor.

Carpeta.- Os gravados preséntanse nunha carpeta realizada en proceso manual de confección, o artesán controla con extrema precisión para que o título e os textos sexan claros e exactos. Con coidados detalles, cos gravados e información adicional.

Folleto.-  Os mellores selos calcográficos. Ficha técnica de cada gravado e información relativa a cada un dos pintores elixidos.

 

Pode adquirilo a través de:

 WEB:  Filatelia online - Realice un pedido.  (Só para clientes rexistrados)

  Correo electrónico:      atcliente.filatelia@correos.com

  Teléfono:   902 197 197

  Correo postal: Correos Filatelia - Apartado F.D. 811 - 28080 Madrid

 

250 € (IVE incluído)

Grabados Los mejores sellos calcográficos
Grabados Los mejores sellos calcográficos
Grabados Los mejores sellos calcográficos
Grabados Los mejores sellos calcográficos
Compárteo nas túas redes