Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Álbums

A Miña Terra, Comunidade Valenciana

  • Tipo: Á venda a partir do 1-maio-2019
  • Temática: A Miña Terra
  • Ano: 2019
  • Mes: 5
  • Medidas: 20,7 x 29,5 cm.
  • Encadernación: Formato que simula un pasaporte. Tapa cartón
  • PVP: 25 € (IVE incluído)     Sujeto a cambio de tarifa anual vigente.

A MIÑA TERRA, COMUNIDADE VALENCIANA

Correos continúa coa colección de documentos filatélicos “A Miña Terra” co  fin de seguir difundindo os  valores  e cultura  das diferentes autonomías españolas.

Os selos emitidos ao longo do tempo constitúen o mellor embaixador da nosa terra. Nestes pequenos anacos de papel teñen cabida todas as nosas tradicións, a  nosa historia, o noso patrimonio, a nosa arte e arquitectura que queremos transmitir de xeración en xeración como un recordo esencial do que son as nosas raíces.

Esta colección, que se iniciou no ano 2015, conta xa coa edición de 8 documentos: Asturias, Galicia, Aragón, Estremadura, Cantabria , País Vasco, Madrid e Andalucía. Este mes de maio continuamos a colección coa carpeta A Miña Terra: Comunidade Valenciana. Así toda a serie ata concluír os 17 documentos  que compoñerán toda a colección.

No produto “A Miña Terra, Comunidade Valenciana” inclúense selos representativos da gastronomía, parques naturais, monumentos, arquitectura, personaxes... da Comunidade Valenciana. En definitiva, un documento Filatélico que pretende recoller en selos a cultura valenciana.  

Estas coleccións están pensadas para achegar a filatelia a  aquelas persoas que , mesmo sen seren coleccionistas, vexan unidos  dous conceptos importantes: a singularidade e o atractivo de cada  unha das  Comunidades de  España, co testemuño e o coñecemento que lle dedican os nosos selos.

Este produto está previsto que se comercialice a partir de maio deste ano, cunha tiraxe limitada a 800 unidades.

Poderá adquirir o produto a partir de maio a un prezo de 25 € IVE incluído, a través do Servizo de Atención ao Cliente de Filatelia no teléfono 902 197 197 ou no enderezo de correo: atcliente.filatelia@correos.com

Tiraxe limitada a 800 exemplares

 

PVP 25 € (IVE incluído) 

 

Xa o pode adquirir, non deixe pasar esta oportunidade:

 - Correo electrónico:      atcliente.filatelia@correos.com

 - Teléfono:   902 197 197

 - Filatelia online: Realice un pedido  (só para clientes rexistrados)

 

Imaxes:

Mi Tierra Comunidad Valenciana
Mi Tierra Comunidad Valenciana
Compárteo nas túas redes