Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Álbums

Libro La historia de España según Gallego y Rey Tomo II

  • Tipo: -
  • Temática: Historia de España (Ver imaxes abaixo)
  • Ano: 2019
  • Mes: 6
  • Medidas: 29,4 x 29,4 mm (Tamaño folla bloque)
  • Encadernación: Tapa dura e sobrecuberta
  • PVP: 50 € con selos / 40 € sen selos (IVE incluído)     Sujeto a cambio de tarifa anual vigente.

Historia con humor, olé!

Aprender historia con humor! Esa é a intención coa que Correos, da man dos populares Gallego y Rey , realizaron esta magnífica obra onde se recolle a historia de España contada con ese peculiar humor que caracteriza os humoristas.

No segundo tomo deste libro, faise un peculiar percorrido a través dos debuxos e selos que deseñaron Gallego e Rey entre os anos 2002 e 2017 cando filatelizaron a historia de España para a compañía postal con 4 minipregos con 48 selos cheos de enxeño no marco Correspondencia Epistolar Escolar. A colección completouse no 2017 coa emisión doutras dúas follas bloque dedicadas aos séculos XIX e XX, cada unha delas con 12 viñetas e un selo.

Neste segundo tomo, que se pon en circulación en xuño de 2019, temos os 4 capítulos que continúan o tomo I emitido en 2018 e pechan a historia de España:

De Cervantes a Godoy

De Trafalgar a Afonso XIII

Da Xeración do 98 a Xoán Carlos I

Filipe VI

Nel podemos atopar 4 minipregos:

            - Correspondencia Epistolar Escolar (2002)

            - Historia de España

            - Humor Gráfico

Sen dúbida, unha exquisita obra, única na súa especie, capaz de relatar a historia de España dende un punto de vista cheo de humor, ironía e xenialidade.

O primeiro tomo deste libro ponse en circulación este mes de setembro 

Tiraxe: 2.000 unidades/1.000 con selos - 1.000 sen selos

Ver aquí Tomo I

PVP 50 € con selos (IVE incluído)

        40 € sen selos (IVE incluído)

 

Xa o pode adquirir, non deixe pasar esta oportunidade:

 - Correo electrónico:      atcliente.filatelia@correos.com

 - Teléfono:   902 197 197

 - Filatelia online: Realice un pedido  (só para clientes rexistrados)

 

Imaxes:

Gallego y Rey Tomo II
Gallego y Rey Tomo II
Compárteo nas túas redes