Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Álbums

50 Aniversario da chegada do primeiro home á Lúa

  • Tipo: Á venda a partir do 6-novembro-2019
  • Temática: Países
  • Ano: 2019
  • Mes: 11
  • Medidas: 29,5 x 21,5 cm (pechado)
  • Encadernación: A toda cor
  • PVP: 100 € (IVE incluído)     Sujeto a cambio de tarifa anual vigente.

Un pequeno paso para o home, un gran produto para Filatelia

O 20 de xullo de 2019 cumpríronse  50 anos da chegada do home á Lúa. Os astronautas Armstrong, Aldrin e Collins pousaron a nave Apolo XI no satélite da Terra. Un fito histórico do século XX e unha das maiores fazañas da historia da humanidade.

Durante décadas os selos de Correos foron un indicador das personaxes e os acontecementos que pasarían á historia. E as fazañas dos astronautas e os avances espaciais foron un tema recorrente nas edicións postais de moitos países, sobre todo de EEUU e a URSS.

No ámbito máis estrito da filatelia, Correos dedicou 14 selos a tratar o tema espacial. A temática destes efectos vai dende a inauguración de observatorios, aniversarios relacionados coa astronomía, efemérides e personaxes, UIT-Satelite Hispasat, e por suposto unha última emisión dedicada ao 50 aniversario da primeira pisada do home na Lúa.

Agora Correos vai poñer en circulación un estoxo que homenaxea este evento espacial norteamericano cunha composición de selos, sobres e moedas de Estados Unidos e España.  O produto confórmase con 4 selos do correo norteamericano (2+2), xunto a 1 moeda e 2 sobres prefranqueados;

Por parte de España, sinálase a súa participación no fito con  1 selo e 1 moeda emitidos por Correos e a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, respectivamente. O selo español ten un valor de 3,50 € e a moeda  é de prata cun valor de 10 €.

No anverso da moeda  reprodúcese a efixie da súa Maxestade o rei Don Felipe VI. Na parte superior, aparece a lenda FELIPE VI REI DE ESPAÑA. Na parte inferior, o ano de cuñaxe 2019.

No reverso reprodúcese unha imaxe da Lúa e sobre ela aparece o Módulo de Mando unido ao Módulo que se pousou na superficie do satélite. Á esquerda, a marca de Ceca e, máis abaixo, unha imaxe da antena que dende España prestou apoio a este histórico voo. Á dereita, o valor da peza 10 EUROS. Na parte exterior da moeda, a lenda 50 ANIVERSARIO CHEGADA Á LÚA e na parte superior esquerda da moeda as datas 1969-2019.

A moeda norteamericana é tamén de prata e ten un valor de medio dólar.

O estoxo terá unha tiraxe limitada de 150 unidades, numeradas, cun prezo de 100 €.

 

PVP 100 €  (IVE incluído)

       

Xa o pode adquirir, non deixe pasar esta oportunidade:

 - Correo electrónico:      atcliente.filatelia@correos.com

 - Teléfono:   902 197 197

 - Filatelia online: Realice un pedido  (só para clientes rexistrados)

 

Imaxe:

50 Aniversario de la llegada del primer hombre a la Luna
Compárteo nas túas redes