Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Álbums

Pasaporte Filatélico Internacional - 2019

  • Tipo: Á venda a partir do 27-Xaneiro-2020
  • Temática: Feiras internacionais (ver imaxes abaixo)
  • Ano: 2020
  • Mes: 1
  • Número de páxinas: 28
  • Medidas: 13,5 x 18,5 cm
  • Encadernación: Formato que simula un pasaporte. Tapa cartón
  • PVP: 20 € (IVE incluído)     Sujeto a cambio de tarifa anual vigente.

      Outro produto con percorrido: Pasaporte Internacional 2018 Pasaporte Internacional 2017 Pasaporte Internacional 2016 Credencial Filatélica do Peregrino

 

A filatelia española polo mundo

Correos presenta un documento filatélico, “pasaporte” coleccionable. Con información sobre cada feira, a cidade na que se celebra, monumentos destacados…

Inclúe:

As 5 tarxetas recordo das feiras internacionais ás que se asistiu ao longo do ano 2019. Protexidas en filoestoxos.

Igualmente, realizáronse 5 cuños especiais de cada unha das feiras cos que se obliteraron os selos das devanditas tarxetas.

Este ano como AGASALLO inclúese a tarxeta postal emitida polo correo alemán especialmente para a feira do selo de Essen onde aparece o paxaro Escribano Cerillo.

Feiras  2019:

Feira internacional do selo de Essen, do 9 ao 11 de maio asistimos á nosa cita habitual en Alemaña. A emisión máis especial desta feira centroeuropea foi a de Europa que este ano estaba dedicada aos paxaros  cun coidadísimo Prego Premium. Selo: Europa. Aves. Quebraosos. Tarifa B. Emisión: 23/04/2019.

Sberatel International Fair 2019, Praga,  a feira de Praga, este ano entre o 6 e 7 de setembro, é outra das máis tradicionais á que asiste a filatelia española. Este ano salientaron vendas como trens, animais e patrimonio. Selo: 40 Aniversario Eleccións ao Parlamento europeo. Data emisión: 15/03/2019

Feira Chinesa. 36 World Stamp Exhibition Wuham 2019. Situada na provincia de Hubei, esta cidade chinesa é emblemática polos seus lagos e parques. A asistencia a esta feira, entre o 11 e 17 de xuño, foi moi especial pois foi aquí onde se presentou o selo que España realizou conxuntamente con China. No posto español estivo presente Martin Mörck, un dos deseñadores do selo que ademais estivo a asinar sobres e tarxetas. Emisión: A nova ruta da seda. Emisión conxunta España-China. Data emisión: 11/06/2019.

72º Salon Philatelique d'Automne de Paris, do 7 ao 9 de novembro acudimos a unha das Feiras Filatélicas máis importantes de Europa cunha participación e datos de vendas excelentes, este ano debido aos selos de Andorra e España que tiveron unha gran demanda durante todos os días da feira que este ano cumpría a súa 73 edición. Selo: Etiqueta ATM deseño Catedral de Notre-Dame. Emisión: 07/11/2019.

Feria Milanofil XXXII Edizione. Este mes de marzo de 2019 asistimos por primeira vez á feira filatélica de Italia convidados polo correo italiano. Como aconteceu na feira de Praga os selos máis relevantes foron os dedicados a trens e tamén os relacionados co fútbol. Selo: Turismo. Praia. Emisión: 02/01/2019.

As tarxetas recordo unicamente se puideron adquirir nas distintas feiras e agora para que poidan gozar delas todos os nosos subscritores e clientes, foron recompiladas todas xuntas neste pasaporte. As 5 tarxetas inclúen o selo citado obliterado cun cuño especial deseñado para cada unha das distintas feiras.

Tiraxe limitada a 500 exemplares

Prezo: 20 euros

 

PVP 20 € (IVE incluído) 

 

Xa o pode adquirir, non deixe pasar esta oportunidade:

 - Correo electrónico:      atcliente.filatelia@correos.com

 - Teléfono:   902 197 197

 - Filatelia online: Realice un pedido  (só para clientes rexistrados)

 

Imaxes:

Pasaporte 2019
Pasaporte 2019
Pasaporte 2019
Pasaporte 2019
Compárteo nas túas redes