Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

  • Podemos axudarche?

Como funciona a Oficina Virtual de Correos?

Realiza as túas xestións dende a nosa oficina virtual: prepara os teus envíos, envía documentos online... Se xa es usuario rexistrado, podes entrar na Oficina Virtual coas túas claves, se non o es, podes darte de alta gratis.

 

Como darse de alta e configurar a Miña Conta na Oficina Virtual


• Darme de Alta

A alta de usuario é o primeiro paso que debe realizar calquera cliente que desexe utilizar algún dos servizos da Oficina Virtual de Correos, como son: prerrexistro de Certificados, notificacións e paquetería, enviar un burofax ou un telegrama online, comprar un Selo personalizado ou enviar unha carta dixital ou postal a través do servizo de Correo Dixital.

Para realizar a alta, deberá encher os datos solicitados no formulario que se encontra no menú A Miña Conta > Darme de alta.

Os campos obrigatorios encóntranse sinalados polo carácter (*) e están organizados nos seguintes bloques:

• Datos de usuario:

- Nome de Usuario: poderá conter ata 12 caracteres alfanuméricos.
- Contrasinal: o contrasinal estará formado por un mínimo de 6 e un máximo de 10 caracteres alfanuméricos. (Sensible a maiúsculas/minúsculas).
- Idioma principal de uso
- Aceptación das condicións de servizo
- Opcionalmente se se desexa recibir publicidade de Correos

• Tipo de uso que se vai dar á conta:

particular ou  empresa, que determinaran os datos que hai que cubrir:
- Particular: Nome, Apelidos, Correo electrónico, NIF, Enderezo e Localidade, Provincia e Código Postal, teléfonos e número de fax.
- Empresa: Nome, CIF, Enderezo e Localidade, Provincia e Código Postal. Adicionalmente deberá completar:
* Datos sobre a Persoa de Contacto (Nome, Apelidos, Cargo e correo electrónico).
* Datos da empresa e enderezo de facturación
* Teléfono, Móbil e número de Fax.

Unha vez que complete o formulario, pulse Aceptar e o sistema mostrará unha pantalla de confirmación dos datos. Enviaráselle un correo electrónico notificándolle o seu rexistro no sistema.

No momento en que reciba a confirmación de rexistro vía correo electrónico, poderá comezar a utilizar os servizos da Oficina Virtual.

Os datos que nos proporciona ao darse de alta serán os que aparezan como remitente nos seus envíos da Oficina Virtual. Estes son: Nome, Apelidos, Enderezo, Localidade e Código Postal. Se se trata dunha empresa, os datos de remitente serán os seguintes: Nome de empresa, enderezo, localidade, Código Postal, Provincia e País.

 
• O meu Perfl – Datos Persoais

A opción de menú  Datos Persoais permite manter actualizado en todo momento os seus datos identificativos, en caso de que se produza algún cambio.

Realice as modificacións oportunas no formulario que mostra a pantalla e pulse Modificar. Recorde que os campos con asterisco (*) son obrigatorios e, polo tanto, non poden quedarse en branco.

• O meu Perfil – Cambiar contrasinal

Para cambiar a súa clave, realice o seguinte:
• Acceda á pantalla A miña conta > O Meu Perfil > Cambiar contrasinal.
• Introduza a súa clave antiga e a nova. Recorde que a clave debe ter unha lonxitude mínima de 6 caracteres e un máximo de 10 caracteres.
• Pulse Aceptar.

• Restablecer contrasinal

Seleccionando esta opción de menú, poderá recuperar a súa clave de acceso á Oficina Virtual en caso de esquecela. Para iso, introduza o usuario e o enderezo de correo electrónico que vostede nos proporcionou ao realizar a alta e o sistema lle enviará unha nova clave de acceso. Por motivos de seguridade, recomendámoslle, que, unha vez recibido, o substitúa por un novo.

Se tamén esqueceu o seu usuario ou enderezo de correo electrónico, deberá poñerse en contacto co Servizo de Atención ao Cliente para recuperar as súas claves de acceso á Oficina Virtual.


Como consultar información sobre os meus envíos e as miñas facturas?

Seguimento de envíos e pedidos – Estado dos envíos

Consultar os meus envíos mostra os diferentes produtos rexistrados ata a data na oficina virtual. Dende esta páxina poderá consultar o estado en que se encontran os diferentes produtos e, se o desexa, franquear electronicamente ou imprimir as etiquetas e a folla de relación de envíos do servizo de prerrexistro

O meu perfil - Xustificantes de pagamento

Almacena todas aquelas facturas xeradas como consecuencia do pagamento online de produtos. Para consultar ou imprimir algunha factura, utilice algún dos seguintes criterios de busca: produto, número de factura e período de datas
Se  non introduce ningún destes criterios, mostraranse todas as facturas existentes.

Premendo sobre o identificador de operación de cada factura, poderá observar os detalles desta e imprimila dende o seu navegador.

No caso de que solicitara a devolución do importe dalgún servizo da Oficina Virtual, poderá consultar e imprimir a Nota de Aboamento asociada á factura, pulsando no botón correspondente.