Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

  • Podemos axudarche?

Obxectos non permitidos nos envíos postais no correo internacional

Contido dos envíos

Non poden ser enviados a través da Rede Postal obxectos ou documentos cuxa circulación non estea permitida de acordo ás leis nacionais ou internacionais aplicables por motivos de seguridade, de sanidade pública, utilidade xeral e de protección do servizo postal universal.

A embalaxe deberá estar adaptada á forma e á natureza do contido de forma que a súa manipulación non constitúa un perigo para os empregados postais que os manipulan, ser prexudicial para o transporte ou poidan danar ou manchar outros envíos.

Obxectos prohibidos

Existen distintos tipos de prohibicións aplicables aos obxectos enviados a través de Correos:

- As prohibicións universais www.upu.int/keepitsafe
- As prohibicións propias dos distintos países derivadas da regulación nacional en materia de importacións;
- As prohibicións aplicables polos servizos postais dos distintos países (relativas ás mercadorías cuxa importación estea autorizada por lei pero prohibida pola normativa postal).

A aceptación por parte de Correos dun envío non conforme eximirá o remitente da súa responsabilidade. Os obxectos que se indican a continuación están prohibidos independentemente de cal sexa o destino elixido. Correos non asumirá ningunha responsabilidade polos erros ou omisións relativos aos devanditos obxectos, xa que a lista de mercadorías é variable e depende de cada país de destino.

Lista de obxectos prohibidos:

1. Os produtos sometidos a réxime de reserva e non provistos de autorización especial para circular pola rede postal.
2. O opio e os seus derivados, a cocaína e demais estupefacientes e substancias psicótropas, agás se se envían con fins medicinais e acompañados de autorización oficial.
3. Os envíos cuxa envoltura ou cuberta conteña textos ou debuxos que vulneren calquera dos dereitos fundamentais da persoa.
4. Os envíos de armas, conforme ao que establece o Real decreto 137/1993, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de armas.
5. As materias explosivas, inflamables e outras perigosas, agás as biolóxicas perecedoiras, intercambiadas entre laboratorios oficialmente recoñecidos e as radioactivas depositadas por expedidores debidamente autorizados.
6. Os animais vivos, sen estar provistos dunha autorización especial ou ser intercambiados entre institucións oficialmente recoñecidas.
7. Os obxectos cuxo tráfico sexa constitutivo de delito.
8. Os que se determine en convenios internacionais nos que España sexa parte signataria.

Mercadorías perigosas non admisibles:

Os envíos que conteñan calquera dos produtos ou substancias que a continuación se relacionan teñen prohibida a súa circulación pola rede postal

1.- EXPLOSIVOS.- Fogos artificiais – Petardos – Municións – Pólvora - Bengalas
2.- GASES COMPRIMIDOS.- Chisqueiros - Tanques de mergullo – Cámping gas – Aerosois – Extintores.
3.- LÍQUIDOS INFLAMABLES. - Acendedores de gasolina - Líquidos para acendedor - Pinturas ao óleo - Substancias adhesivas - Perfumes inflamables.
4.- SUBSTANCIAS INFLAMABLES. - Fósforos (Mistos) - Carbóns.
5.- SUBSTANCIAS OXIDANTES. - Químicos xeradores de osíxeno - Peróxidos/Pos branqueantes.
6.- SUBSTANCIAS TÓXICAS E INFECCIOSAS.- Pesticidas - Químicos agrícolas - Compostos de mercurio – Bacterias – Virus
7. - MATERIAS RADIOACTIVAS.-
8.- MATERIAS CORROSIVAS.- Baterías húmidas – Mercurio (Termómetros) - Ácido Clorhídrico.
9.- OUTROS. - Produtos magnetizados - Motores - Dióxido de carbono sólido (xeo seco).

Mercadorías perigosas admisibles:

1.- Baterías de ión, litio: Instaladas nun equipo (ONU 3481) segundo a instrución de embalaxe 967. Máximo 4 pilas (=< 20wh) o 2 baterías (=<100wh) en un solo bulto.
2.- Baterías de metal litio: Instaladas nun equipo (ONU 3091) segundo a instrución de embalaxe 970. Máximo 4 pilas (=<1 gr.) o 2 baterías.>

Restricións particulares vinculadas ao carácter sensible das mercadorías:

Determinadas mercadorías, como consecuencia do seu carácter sensible e independentemente da súa orixe ou destino, están sometidas a restricións de circulación. A aduana é a encargada de aplicar determinadas normas restritivas nacionais e internacionais en colaboración con outras administracións.

Esas mercadorías deberán ir acompañadas de documentos específicos:
- licenzas
- certificados
- autorizacións de importación ou exportación

Os devanditos documentos deberán poder presentarse á administración con motivo do despacho aduaneiro ou calquera control non programado das autoridades aduaneiras. Os trámites de despacho aduaneiro dos envíos postais que conteñan mercadorías suxeitas a medidas de restrición ou, chegado o caso, a calquera outra formalidade concreta, deberán ser efectuados polo propio remitente do envío ou a través dun representante deste.