Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

  • Podemos axudarche?

Que documentación necesito para recoller un envío?

Condicións xerais

 

Documentación válida para a identificación

Deberase presentar un dos seguintes documentos orixinais en vigor:

- DNI

- Pasaporte

- Permiso de conducir

- Tarxeta de residencia (non se considera válido o impreso de solicitude da tarxeta de residencia)

- Outros documentos considerados válidos no país do destinatario, sempre e cando incorpore fotografía.

Autorizado

Pode ser autorizado tanto unha persoa física como unha persoa xurídica:

Persoa física

A persoa física deberá achegar os seguintes documentos:

- Fotocopia ou copia dixital dalgún dos documentos do destinatario considerados como válidos para a súa identificación (Enumerados anteriormente)

- Autorización asinada polo destinatario: Será válido tanto o aviso de chegada coma unha autorización xenérica en papel.

- Algún dos documentos orixinais do autorizado considerados como válidos para a identificación.

 

Persoa xurídica

Existen dous supostos que cómpre diferenciar:

Con selo. É necesario achegar:

- Selo.

- Autorización asinada polo destinatario.

- Documento orixinal de identificación do autorizado con fotografía e que sexa válido no país do destinatario.

- Excepción: No caso de notificacións procedentes de órganos, non será esixible o selo.

Sen selo. É necesario achegar:

- Poder notarial

- Autorización asinada polo destinatario

- Documento orixinal de identificación do autorizado con fotografía e que sexa válido no país do destinatario.

Para que un particular poida recoller os envíos dirixidos a unha empresa ou sociedade, é necesario que os remitentes indiquen, ademais da razón social, o nome e apelidos do particular que vai efectuar a recollida do envío.

 

Condicións específicas

Persoas falecidas

- Os envíos entregaranse aos seus herdeiros ou a aqueles que administren a herdanza.

-No caso de ter natureza de carta, esta quedará depositada na oficina de Correos e consultarase o remitente para que autorice a entrega ou ben a recupere.

- No caso de que haxa varios herdeiros, para a súa recollida é necesario achegar unha autorización escrita asinada por todos eles.

- Xunto co aviso de chegada (físico ou dixital), é necesario presentar e arquivar o certificado de defunción do destinatario do envío e o documento acreditativo da condición de herdeiro.

Comerciantes en quebra ou concurso de acredores

Entregarase aos administradores concursais ou ás persoas designadas pola autoridade competente.

Unidades militares

Entregaranse ás persoas autorizadas formalmente.

Centros penais

Aplícase a normativa específica das institucións penais.

Persoas xurídicas

A entrega de notificacións a persoas xurídicas realizarase ao seu representante ou ben a un empregado desta, facendo constar na documentación de Correos e, se é o caso, no aviso de recibo que acompañe á notificación:

- A identidade da persoa que recolle o envío, sinatura e data da notificación, estampando, así mesmo, o selo da empresa.

No caso das comunidades de bens, entre as que se encontran as comunidades de propietarios, poderase facer entrega de notificacións sen a estampaxe do selo, no caso de que non dispoñan del.

Á súa vez, o selo non será requisito para admisión e entrega de notificacións de órganos xudiciais.

Organismos públicos

A entrega de notificacións a organismos públicos realizarase a un empregado destes, facendo constar na documentación de Correos e, se é o caso, no aviso de recibo que acompañe á notificación:

- A identidade da persoa que recolle o envío, sinatura e data da notificación,  a súa identidade, sinatura e data da notificación, estampando o selo do organismo público.

Á súa vez, o selo non será requisito para admisión e entrega de notificacións de órganos xudiciais.

Envíos a menores

- Se posúe 14 anos ou máis: É necesario presentar un documento válido de identificación.

- Se é menor de 14 anos: Só se pode entregar o envío a un membro da súa familia que presente documentos válidos de ambos os dous.

Entrega exclusiva ao destinatario

Unicamente se entregan ao destinatario. Só aplica no caso de particulares. Neste caso, non se permite autorización.

Envíos procedentes de promocións de prensa

Hase de comprobar que o código do cliente que retire o paquete coincide co que figura nese mesmo paquete.

Envíos dirixidos a dominios web

Cando un envío vaia dirixido a un Dominio Web, e só para os casos en que o propietario do devandito dominio teña subscrito un contrato con Correos, existirá un documento que conterá os datos relativos ao cliente, tanto se é persoa física como xurídica.

- A entrega realizarase á persoa física ou xurídica que figure no devandito documento como propietaria do dominio e realizarase coas mesmas formalidades de calquera outra entrega.
- No caso de que a Oficina non dispoña de tal documento, non se poderá realizar a entrega do envío.

Entrega de expedicións

Completas: Nunha relación de envíos ou vultos os cales teñen un mesmo remitente, destinatario e produto, e a entrega dos devanditos envíos só é posible se afecta á totalidade dos vultos ou envíos que a compoñen.

Parciais: Unha relación de envíos ou vultos cun mesmo remitente, destinatario e produto. A entrega dos teus envíos poderá realizarse de forma fraccionada.

Envío relativo a un xiro

Nacionalidade española: Cando o envío é relativo a un xiro, debido á Lei 10/2010 é imprescindible que tanto remitente coma destinatario presenten o DNI orixinal e, ademais, dende Correos temos a obriga de conservar unha fotocopia do DNI de ambos os dous por un período mínimo de 10 anos.

Nacionalidade estranxeira: Poderá presentar os seguintes documentos:

- Tarxeta de identidade de estranxeiro/tarxeta de residencia

- Pasaporte válido no país de procedencia que incorpore fotografía do seu titular.

- No caso de ser cidadáns da UE ou o Espazo Económico Europeo e da Confederación Suíza, o documento, carta ou tarxeta oficial de identidade persoal expedido polas autoridades de orixe ou o pasaporte.

- Documento de identidade expedido polo Ministerio de Asuntos Exteriores e o de Cooperación para o persoal das representacións diplomáticas e consulares de terceiros países en España.

- Tarxeta de asilo político.