Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

  • Podemos axudarche?

En que consiste a nova normativa RGPD?

1. Que son os datos de carácter persoal?

Un dato de carácter persoal é toda a información que permita identificarte sobre a base duns “esforzos razoables”. Así, non só o teu nome e apelidos son datos de carácter persoal, senón tamén outra información, como o teu enderezo de correo electrónico.

A protección de datos é un dereito fundamental.

2. Por que trata os meus datos Correos? Que uso lles dá?

Os teus datos poden ser utilizados por Correos para distintas finalidades, sempre que estean amparadas nalgún dos seguintes motivos:

Ser necesarias para prestarche o servizo contratado ou dar resposta a unha solicitude: P. ex.: Enviar unha comunicación ou responder a unha consulta que nos realizaras a través dos nosos formulario web.

Ser obrigatorias por lei. P. ex.: Responder ás solicitudes de información de xuíces e tribunais.

Ter obtido o teu consentimento. P. ex.: Enviarche ofertas e promocións dos nosos produtos e servizos.

Ter interese lexítimo. P. ex.: Realizar enquisas que nos permitan ver en que podemos mellorar.

Na nosa Política de Protección de datos enuméranse todas as finalidades previstas. Recorda que, de entre aquelas que se basean no teu consentimento, só se realizarán se de forma clara e afirmativa nos autorizaches: Tes que ter dito “SI”, se non, non se realizarán.

3. Se presto o meu consentimento, podo retiralo?

Por suposto, os teus datos son teus. En calquera momento e de forma gratuíta podes retiralo a través do noso enderezo postal ou por correo electrónico ao enderezo derechos.protecciondatos.correos@correos.com. Ademais, en todas as comunicacións comerciais que che enviemos, che recordaremos esta posibilidade.

4. Que outros dereitos teño?

Á parte do dereito a retirar o teu consentimento e os tradicionais dereitos ARCO (acceso, rectificación, cancelación —agora chamado supresión— e oposición), a partir do 25 de maio poderás solicitar:

Que che enviemos unha copia na que se inclúan todos os datos que nos facilitaches (dereito de portabilidade)

Que non se leven a cabo certos tratamentos ou que os seus datos se bloqueen durante un período de tempo (dereito de limitación ao tratamento).

Ademais, de se tomar decisións automatizadas (en Correos non está previsto), podes solicitar que se revisen por unha persoa.

Por último, se entendes que fixemos un mal uso dos teus datos, podes poñerte en contacto co noso delegado de protección de datos ou interpoñer unha reclamación ante a AEPD.

5. Por canto tempo se conservan os meus datos?

Conservaranse unicamente polo prazo necesario para realizar os tratamentos previstos. Unha vez finalizado este período, suprimiranse.

6. Comparte Correos os meus datos con outras persoas?

Con carácter xeral, Correos non comparte os teus datos, pero poden darse situacións en que non sexa así. P. ex.:  

Se unha lei nos obriga a iso.

Se realizas a Correos unha petición que, realmente, debería ir dirixida a outra compañía do Grupo Correos.

Se nos autorizas a compartir os teus datos con outras empresas do Grupo Correos ou con terceiras empresas para que che poidan enviar información comercial

Na nosa Política de Protección de datos enuméranse todas as comunicacións previstas.

7. Que é o delegado de protección de datos?

O delegado de protección de datos é o responsable de asegurar que Correos cumpre coa normativa de protección de datos. O seu correo electrónico é dpdgrupocorreos@correos.com

Para máis información, non dubides en consultar a Política de Protección de datos.

 

Moitas grazas pola túa confianza