Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

  • Podemos axudarche?

Coberturas e garantías para envíos internacionais

Se algún dos teus envíos sufriu unha incidencia poñemos á túa disposición a seguinte información de interese:

Demora

Nos envíos internacionais, non está establecida a indemnización por demora na entrega, excepto para o Paq Premium Internacional.

Deterioración

Se un envío a través de Correos a outro país é recibido polo destinatario coa embalaxe deteriorada, o destinatario deberá, antes de asinar a recepción do envío, notificarlle a incidencia ao empregado postal e solicitar que se levante unha acta de danos e contactar co remitente para que este interpoña a correspondente reclamación con Correos.

Correos resérvanse o dereito de avaliar se o paquete ía correctamente protexido para garantir a integridade do contido. É responsabilidade do remitente escoller e preparar o acondicionado do envío para que este resista o proceso de transporte ao destino; durante a admisión, o persoal de Correos pódelle asesorar sobre como preparar o seu envío e ofrecerlle a embalaxe máis axeitada.

Extravío

O beneficiario de calquera indemnización por dano ou espolio é sempre o remitente. Se o remitente desexa que a indemnización sexa cobrada polo destinatario, terá que presentar ante Correos unha solicitude asinada autorizando a compensación ao destinatario.

As contías das indemnizacións por danos ou espolio son as seguintes:

  • No caso de espolio total ou dano irreparable de todo o contido do envío, a indemnización sería idéntica á de perda do envío, correspondente á súa modalidade e a se está asegurado/ten valor declarado ou non segundo as coberturas do produto

 

  • No caso de espolio ou deterioración parcial, restarase á correspondente indemnización por perda o importe do franqueo, e a partir do valor resultante calcularase unha indemnización proporcional ao peso espoliado ou danado do contido. Para proceder á indemnización no caso de envíos con seguros e valores declarados superiores a 300 euros, ademais, será necesaria a achega por parte do remitente das facturas ou documentos acreditativos do valor do contido, ou da factura da reparación dos contidos danados.

 

Ámbito Produto Prazos para poder formular unha reclamación 1 Indemnizacións 2
Mínimos Máximos Perda ou extravío Demora

Internacional

Carta Certificada 15 6 meses Tarifa aboada +30 DEG3 -
Carta Certificada urgente 10 6 meses Tarifa aboada +30 DEG3 -
Paq Premium Internacional
(Antigo EMS Postal Exprés Internacional)
7 4 meses Tarifa aboada +52,98 € Tarifa aboada
Paq Standard Internacional
(Antigo Paquete Internacional Prioritario)
15 6 meses Tarifa aboada + 40 DEG3 + 4,5 DEG3/Kg. -
Paq Internacional Económico 25 6 meses Tarifa aboada + 40 DEG3 + 4,5 DEG3/Kg. -
Paq Light Internacional 10 6 meses - -
Telegrama 3 4 meses - Tarifa aboada
Burofax 3 4 meses - Tarifa aboada
Giro Internacional 7 6 meses - -

 

1 Dende a data de admisión do envío. Días naturais.
2 Agás clientes con contrato, que recibirán as indemnizacións segundo as condicións fixadas no mesmo.
 

3 Valor unitario do Dereito Especial de Xiro (DEG) en 2018: 1 DEG = 1,1950