Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Coberturas e garantías para envíos nacionais

Se algún dos teus envíos sufriu unha incidencia poñemos á túa disposición a seguinte información de interese:

Carta Certificada / Paquete Azul     

  (Produtos regulados pola Lei Postal)

Demora

Son produtos sen data de entrega garantida, non se consideran indemnizacións por demora

Deterioración

Non se admiten reclamacións por dano/deterioración ou falta de contido destes produtos se se constata con posterioridade á entrega.

Correos considera que o envío se entregou en bo estado a menos que á recepción do envío se levantase Acta.

Extravío

Considérase indemnización por extravío.

Ao importe de indemnización habería que sumarlle o valor declarado no caso de telo contratado, que de se producir un sinistro será a menor das seguintes cantidades:

a) polo valor declarado      b) por reposición do obxecto extraviado     c) por reparación do obxecto danado.

 

Paq Estándar / Paq Premium       

(Productos regulados pola LCTTM)

 

Demora

No caso de demora procederase á devolución da tarifa aboada

Deterioración

Para estes produtos ábrese a posibilidade de que se reclame e indemnice un envío deteriorado ou con perda de contido dentro dos seguintes sete días naturais á entrega sen acta por parte de Correos.

Poderanse solicitar fotos da embalaxe e o contido deteriorado para probar o dano e se a embalaxe é adecuada para garantir a integridade deste. Durante a admisión, o persoal de Correos pódeche asesorar sobre como preparar o teu envío e ofrecerche a embalaxe máis axeitada.

Extravío

Indemnización correspondente ao importe do seguro contratado máis devolución da tarifa

Os envíos regulados pola LCTTM levan seguro asociado. No caso de sinistro indemnizarase pola menor das seguintes cantidades:

a) polo valor declarado      b) por reposición do obxecto extraviado     c) por reparación do obxecto danado.

  • No caso de reclamación dun envío extraviado, deteriorado ou con falta de contido, con seguro ou valor declarado, poderá serlle solicitado ao reclamante documento xustificativo do valor da mercadoría, factura de reparación ou de reposición.

 

Ámbito Produto Prazos para poder formular unha reclamación 1 Indemnizacións 2
Mínimos Máximos Perda ou extravío Demora

Nacional

Carta Certificada 7 4 meses 30.00 € -
Carta Certificada urgente 3 4 meses 30.00 € -
Paquete Azul 10 4 meses 23.44 € -
Paq Premium 3 Demora: 21 días
Perda: 1 ano
5.92 € por kg. facturado cun mínimo de 40 € Tarifa aboada
Paq Estándar 3 Demora: 21 días
Perda: 1 ano
5.92 € por kg. facturado Tarifa aboada
Xiro entrega ordinario 10 2 anos - -
Xiro urxente 1 2 anos - Tarifa aboada
Telegrama 2 6 meses - Tarifa aboada
Burofax 1 6 meses - Tarifa aboada

 

1 Dende a data de admisión do envío. Días naturais.
2 Agás clientes con contrato, que recibirán as indemnizacións segundo as condicións fixadas neste.