Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Sala de Historia Postal

A sala de historia postal ofrece unha evolución das comunicacións postais en España a través de distintas áreas expositivas.

A área de admisión da correspondencia iníciase cando o remitente deposita a correspondencia nunha caixa do correo ou nunha oficina de Correos e continúase coa súa pesaxe, para determinar o franqueo.

De gran valor histórico son corenta caixas do correo procedentes de toda España. Entre as máis significativas atópanse: a caixa do correo de cabeza de león, de mármore, que estivo na Real Casa de Postas dende 1877 a 1919, unha caixa piar de ferro de mediados do século XIX e distintos modelos de caixas columna dende os anos corenta ata a actualidade.

En canto aos pesacartas, pódese admirar unha peza de pratos de bronce co seu xogo de pesas procedente de Cañete la Real (Málaga) e diferentes modelos de pesacartas automáticos, así como balanzas para calcular a tarifa da correspondencia dos anos 80 e franqueadoras que chegaban a franquear 15.000 sobres á hora.

Exponse nesta área unha selección dos cuños de distintas provincias españolas e os rolos de máquinas canceladoras, coa data da promulgación da constitución española de 1978 e unha mostra de maquinaria postal de canceladoras manuais e automáticas para o cuñado da correspondencia.

A continuación atópase a área do transporte da correspondencia. O correo ao longo da historia utilizou diferentes medios de transporte: a dilixencia, a bicicleta, a motocicleta, o tren, o coche, o barco e o avión.

Entre as pezas postais museísticas representativas desta área sobresaen: a maqueta da dilixencia Igualadina, na que se distribuíu o correo entre Barcelona e Igualada dende 1828 ata que se inaugurou o tren de Barcelona a Zaragoza en 1865. Dende entón, a dilixencia Igualadina terminou o seu traxecto en Martorell. Unha bicicleta con placa de Correos para a repartición da correspondencia de 1930.

Nos centros de clasificación postal o equipamento incluía mesas de clasificación, atadoras, mobles clasificadores, aros portasacas, etc. Todos estes elementos recréanse na exposición.

Por último, coa área da entrega da correspondencia, péchase o ciclo da comunicación postal. A entrega ao destinatario realízase na man, nos apartados das oficinas de Correos ou nos mobles clasificadores domiciliarios.

Como pezas curiosas exhíbese nesta sala unha colección de cartas prefilatélicas anteriores á aparición do selo e outra colección de cartas xeroglíficas nas que o enderezo do destinatario se expresa mediante xeroglíficos. Estas cartas foron entregadas aos seus destinatarios e circularon por correo durante os anos 1940 a 1960. Na actualidade está prohibida esta modalidade. Unha delas foi enviada por Daniel Vázquez Díaz, pintor de recoñecido prestixio, cuxa obra pictórica entronca coa figura de Cezanne e o movemento cubista.