Portal de Correos - Información aduaneira relativa a envíos postais

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

  • Podemos axudarche?
Información aduaneira relativa a envíos postais
Ayudarte a traspasar fronteras
Enviar e recibir mercadorías por vía postal

As empresas e empresarios españois que exporten mercadoría por vía postal poden solicitar a Correos que lles formalice o DUA de exportación, que é o documento que lles permite acreditar a saída da mercadoría dos seus respectivos territorios e poder aplicarse os beneficios fiscais e desgravacións que segundo o dereito lles corresponda.

Por outro lado, a importación en Península e Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla de mercadoría procedente de terceiros países pode estar suxeita a controis de seguridade (sanidade, farmacia, etc.) en función do tipo de mercadoría da que se trate, á marxe do trámite de importación que haxa que realizar ante a alfándega para poder entregar o envío no teu domicilio. Cómpre poñer de manifesto que a importación de certa mercadoría pode estar restrinxida ou prohibida en España, polo que se recorda aos destinatarios de envíos internacionais a súa obriga de informarse dos documentos que se esixen á entrada de mercadoría, non obstante, Correos ofreceralle o asesoramento que estea ao seu alcance para facilitarche, no teu caso, a importación dos teus envíos.

Por último, cómpre recordar que a importación de mercadorías procedentes de terceiros países en Península e Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla está suxeita ao pagamento dos tributos que, conforme a lei, son obrigatorios.