Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Premios

Premios e recoñecementos

Premios e recoñecementos recibidos no ano 2017 

 

Mellor operador loxístico mundial. Recoñecemento da compañía de comercio electrónico Alibaba como o “Mellor operador loxístico mundial”.

Empresa con maior transformación dixital. Premio OMExpo 2017 á “Empresa con maior transformación dixital”. Finalista na categoría de “Mellor mobile app”.

Empresa con mellores prácticas en diversidade. Correos foi novamente incluída entre as TOP30 empresas en España con mellores prácticas en diversidade, segundo o Informe VariableD da consultora Intrama.

Nexo, mellor contribución ao desenvolvemento da sociedade da información. Premio Autelsi 2017 ao “Desenvolvemento da Sociedade da Información” a Correos Nexea, pola plataforma multicanle de comunicacións Nexo.

Crea a túa app, proxecto máis innovador para a Unión Postal do Mediterráneo. O servizo Crea a túa App foi o “Proxecto máis innovador de 2017” para a Unión Postal do Mediterráneo (PuMed/Euromed).

Empresa loxística máis atractiva para traballar en España. Por segundo ano consecutivo, Correos foi “a empresa loxística máis atractiva para traballar en España”, segundo a consultora Randstad.

Marca máis relevante do mercado español. Correos foi incluída entre as dez marcas máis relevantes no mercado español, segundo o estudo Meaninful Brands da empresa Havas Group.

Liderado dixital no sector público. Correos recibiu o Premio ao Liderado Dixital na categoría de “Sector público” de CIONET, pola súa contribución á transformación e innovación dixital do país.

Correos Express, servizo de atención ao Cliente do ano. Por segundo ano consecutivo, Correos Express foi o “Servizo de Atención ao Cliente do ano”, segundo a consultora Sotto Tempo.

Mellor contribución á sensibilización sobre a síndrome de down. A colaboración de Correos na campaña de sensibilización “XTUMIRADA” foi recoñecida co premio Trevo á Solidariedade 2017 por Down España.

Mellor proxecto de vida sostible en cidades. O proxecto “Mobilidade sostible na última milla” foi recoñecido por Forética, dentro da súa iniciativa “Vida Sostible en Cidades”.

Acción promocional máis innovadora. Os premios Eventoplus 2017 recoñeceron a acción de Nadal “Departamento de Envíos Extraordinarios” como a mellor decoración, o mellor evento de celebración e o mellor espazo.

Mellor campaña en prensa. Correos logrou o terceiro posto no Premio Control de Publicidade, outorgado pola Revista Control, na categoría de mellor anuncio en prensa.

Mellor selo calcográfico de Europa. Por terceiro ano consecutivo, Correos obtivo o primeiro premio no Grand Prix de L'art Philatelique Belge et Européen, polo selo dedicado a Salamanca, dentro da serie filatélica “Patrimonio da Humanidade”.