Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Paq Bicicleta

Ideal para:

Nacional Prepagado Embalaje

Transporta a túa bicicleta con Correos.

Correos lévache a túa bicicleta ao punto* onde vas comezar o Camiño de Santiago e cha envía de volta dende Santiago, Fisterra ou calquera outro punto onde o finalices**.

  • Ámbito: Oficinas de Correos.
  • Dimensións: Máximo 150 x 30 x 90 cm.
  • Peso: 20 kg.
  • Prazos: Dende 48 a 72 horas.
  • Tarifa: Dende 45 € (IVE incluído).
Correos

Comercialízao

Para aqueles peregrinos que deciden facer a ruta en bicicleta, Correos dispón dun servizo de traslado de bicicletas incluído IVE, embalaxe especial e un seguro de 300 €.

Correos lévache a túa bicicleta ao punto* onde vas comezar o Camiño de Santiago e cha envía de volta dende Santiago, Fisterra ou calquera outro punto onde o finalices**.

Todos os envíos procedentes de Canarias, Ceuta e Melilla, así como os envíos orixinados en Santiago e con estes destinos, poden estar suxeitos a trámites de importación.

 

* O Paq Bicicleta en todas as modalidades, Península, Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla faise a través da opción entrega en Oficina de Correos elixida, a excepción de Roncesvalles, que as entregamos nun albergue ao non dispoñer Correos dunha Oficina.

** O transporte de ida e volta son dous envíos.

Paq Bicicleta de Correos pódeo contratar o peregrino:

  1. Para enviar a bicicleta dende calquera oficina de Correos ao punto* onde se vai iniciar o Camiño. As bicicletas pódense enviar a calquera oficina de Correos da ruta. Gardarémoslla nela ata 15 días (a partir do día 16 cobraranse 3 euros por día de almacenaxe).
  2. Para enviar a bicicleta de volta, unha vez que o peregrino chega a Santiago ou a calquera outro lugar onde finalice o seu Camiño. En Santiago, Correos dispón dunha oficina postal na rúa do Franco (a escasos 150 metros da catedral) dende onde se poden enviar as bicicletas.

Contrata o noso Paq Bicicleta por 45 € (IVE incluído) para envíos peninsulares. Neste prezo vai incluída a embalaxe especial e un seguro de 300 euros que podes ampliar se prefires.

Envíos a Baleares: 66 € (transporte, embalaxe, seguro e IVE incluído).

Envíos a Canarias, Ceuta e Melilla: consulta condicións e prezos na túa oficina. Todos os envíos procedentes ou con destino a estes lugares poden estar suxeitos a trámites de importación.

Dende as nosas oficinas de CORREOS en Santiago de Compostela, podes enviar a bici de volta a outros países de Europa. 

Envíos a Portugal: 60 € (IVE incluído).

Envío a Francia: 80 € (IVE incluído).

Envío a outros países europeos: 90 € (IVE incluído).



Características do produto

Peso (gr.)
 Introduza o peso do seu envío.

Longo (cm.)
Ancho (cm.)
Alto (cm.)
 Aos envíos voluminosos aplicaráselles o criterio peso/volume segundo a fórmula: longo x ancho x alto (en centímetros) / 6.000.
Tipo de entrega
 Tipo de entrega
Origen
 Seleccione el origen
Ámbito
 Destinos aplicados a la zona seleccionada
Servizos Adicionais

Entrega exclusiva ao destinatario
Entrega do envío exclusivamente ao destinatario designado polo remitente
P.E.E.
Prueba de entrega electrónica
Reembolso (Abono en cuenta)
Se cobrará sobre el valor del reembolso el porcentaje del 2,75% con un mínimo de 2,5 €
Valor Declarado Paquetería
Se podrá asegurar un envío por un máximo de 6.000 €. Se cobrará sobre el valor asegurado el porcentaje del 1,50% con un mínimo de 1,67 €
Cálculo da tarifa

Orixe de admisión 
Cantidade

Paq Bicicleta
Tamén che pode interesar...
Compárteo nas túas redes