Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Paq Mochila

Ideal para:

Prepagado Camino de Santiago Embalaje

Rutas de transporte de mochilas e maletas entre as etapas do Camiño.

Correos ofrece un servizo de transporte de mochilas e maletas para alixeirar o Camiño aos peregrinos.

  • Ámbito: Camino de Santiago.
  • Prazos: Antes das 14:30 do mesmo día.
  • Tarifa: Dende 4 €/etapa (IVE incluído).
Correos

Comercialízao

Para os peregrinos que prefiren realizar o Camiño máis comodamente, sen cargar coa súa mochila, Correos encárgase do traslado da súa mochila entre as diferentes etapas da maioría dos Camiños a Santiago.

Co Paq Mochila CORREOS organiza o transporte de mochilas e maletas entre os aloxamentos do Camiño. Recólleos a primeira hora da mañá no aloxamento indicado e déixaos antes das 14:30 no hostal, hotel ou albergue elixido na seguinte etapa. Desta forma o peregrino pode realizar o seu Camiño de Santiago sen cargar coa súa equipaxe.

    

O peregrino pode realizar a contratación online (www.paqmochila.com), por correo electrónico (paqmochila@correos.com) ou por teléfono ou WhatsApp no  683440022.

Pódese contratar o Paq Mochila dende 4 euros por etapa (contratando 5 ou máis etapas) ou tamén se poden contratar etapas soltas por 5 euros/etapa. *

* Prezo por traslado dun único vulto que non supere os 20 kg e para transportes entre etapas inferiores a 25 quilómetros. Para etapas en bicicleta o percorrido máximo é de 90 km/día.     

 

Ámbito:

Realizamos este servizo de transporte de mochilas entre etapas no Camiño Francés dende Roncesvalles e de Somport, no Camiño Portugués dende Tui, no Camiño Primitivo dende Oviedo, no Camiño do Norte dende Irún, no Camiño Inglés dende Ferrol, no Camiño Sanabrés  dende Ourense e no Camiño a Fisterra e Muxía.

Prestamos o noso servizo de traslado de mochilas e maletas en todos estes Camiños dende o 1 de abril ata o 31 de outubro e durante todo o ano dende O Cebreiro a Santiago de Compostela (agás 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro).

Para o resto de rutas, consulta dispoñibilidade.

 

Pódese contratar o Paq Mochila dende 4 euros por etapa (contratando 5 ou máis etapas) ou tamén se poden contratar etapas soltas por 5 euros/etapa. * 

* Prezo por traslado dun único vulto que non supere os 20 kg e para transportes entre etapas inferiores a 25 quilómetros. Para etapas en bicicleta o percorrido máximo é de 90 km/día.

Máis información en www.paqmochila.com

Paq Mochila
Tamén che pode interesar...
Compárteo nas túas redes