Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Xornais e Publicacións Periódicas

Non dispoñible

Ideal para:

Nacional/Internacional Envío de publicaciones

Envío de Xornais e Revistas a prezos competitivos a todos os destinos.

Para publicacións que se editan cun prazo fixo, o mesmo título en cada exemplar e o seu contido é de índole diversa. Para utilizar este produto, a empresa remitente necesita a autorización de Correos para cada publicación.

  • Ámbito: Nacional (incluido Andorra) e Internacional (países que lo admitan).
  • Peso: Ata 2 kg.
  • Prazos: Dependendo do destino.*
  • Tarifa: Desde 0,47€, sin impuestos incluidos
Correos

Comercialízao

Este produto só pode ser utilizado por empresas editoras ou distribuidoras, que foran autorizadas previamente polos Servizos Comerciais de Correos. Esta autorización dáse por cada título ou "cabeceira" de xornal ou revista e, para iso, en Correos compróbase que a devandita publicación cumpre os requisitos necesarios para a súa cualificación como "Publicación Periódica" postal.

Internacional: Todos os países agás Serbia e Montenegro.

Características físicas: 

Dimensións máximas:

  • Sobre ou caixa: Longo + ancho + alto = 90 cm, sen que a maior dimensión exceda de 60 cm.
  • Rolo/tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 104 cm, sen que a maior dimensión exceda de 90 cm. 

Dimensións mínimas:

  • Sobre ou caixa: 14 x 9 cm.
  • Rolo/tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que a maior dimensión sexa inferior a 10 cm. 

Peso: Ata 2 kg 

Información básica sobre admisión dos envíos:

  • Mínimo de 50 exemplares por remesa, sumados os envíos dirixidos a ámbito nacional e internacional.
  • A admisión destes envíos en pequenas cantidades pódese realizar en calquera Oficina de Correos. Para envíos masivos, deberase acudir ás unidades de admisión masiva que Correos ten en cada provincia.
  • Só poderán utilizar a tarifa postal de “Publicacións Periódicas”  as empresas editoras e distribuidoras que foran autorizadas polos Servizos Comerciais de Correos que darán unha autorización por cada título ou “cabeceira” de xornal ou revista, tras comprobar que a devandita publicación cumpre os requisitos para ser “cualificada” postalmente como unha publicación periódica.

Información sobre requisitos de cualificación

Só poderán ser cualificadas como “Publicacións Periódicas”, dende o punto de vista postal, os xornais ou prensa diaria e as publicacións de información xeral, así como aquelas outras dedicadas a aspectos especializados, técnicos, científicos e profesionais ou destinados a un público lector determinado, que cumpran cos requisitos establecidos por Correos.

Algúns destes requisitos son:

  1. Segundo o contido do texto da publicación:
    • Que teña un mesmo título repetido en cada exemplar.
    • Os seus textos e artigos deber ter un contido diverso.
    • A publicidade non pode superar os 2/3 do total do contido (incluído os encartes).
    • Ha de estar paxinada.
  2. Segundo a periodicidade da publicación:
  • Periodicidade polo menos trimestral
  • Tiraxe mínima anual: 1.000 exemplares
  1. Condicións esixidas aos editores e distribuidores:
  • Ser editadas e imprimidas en España ou calquera outro país da Unión Europea.
  • A publicación debe ter un número de depósito legal, ISSN ou NIPO e debe figurar na devandita publicación.
  1. Segundo o contido que pode acompañar á publicación:
  • Suplementos: É unha sección especial engadida que se considera que forma parte da publicación se o texto e artigos teñen a mesma temática (por exemplo, os suplementos semanais)
  • Encartes: Folla ou conxunto de follas que poden ir soltas ou formando parte da publicación pero cun formato diferente. O seu contido adoita ser publicitario ou promocional e poden incluír mostras de produto. Non poden ir máis de 3 encartes por publicación e a suma de páxinas de todos os encartes non será superior a 8. Considérase unha páxina cada dobrez dun encarte. O tamaño destes encartes sempre será igual ou inferior ao da publicación.
  • Mostra de valor/Sachet (bolsiña): Mostra para consumir nunha soa vez que deberá ir adherida á publicación ou encarte. O máximo de mostras por publicación máis encartes é de 3. Deben ter un tamaño menor que a publicación ou encarte, pesar menos de 50 g e ter 5 milímetros máximos de espesor.

Acondicionamento dos envíos: 

  • O acondicionamento destes envíos deberá permitir a verificación do contido.
  • Cando se trate de envíos en sobres pechados, levarán a indicación "Para inspección postal, abrir aquí" nunha das súas solapas.
  • Poden admitirse embalaxes de plástico sempre que no reverso do envío leven unha franxa opaca ou branca que permita a impresión indeleble, tanto mecánica coma manuscrita.

Entrega:

  • Os envíos ata 500 gramos: déixanse na caixa de correo ou compartimento correspondente do domicilio do destinatario.
  • Para os envíos de máis de 500 gramos, déixase un aviso ao destinatario para que poida recoller o envío na Oficina de Correos que corresponda ao seu domicilio. A petición do destinatario, estes envíos poderán entregarse a domicilio, aboando o importe correspondente ao servizo adicional "Entrega a domicilio de envíos".

 

 

 

Prazos de entrega:

- Nacional: Entre 2 e 6 días hábiles (en 6 días hábiles o 95% dos envíos). Para envíos depositados antes das 16.00 horas en oficinas con quenda de tarde ou 14.30 horas en oficinas con horario só de mañá.

- Internacional

  • Europa: de 6 a 8 días hábiles (prazo medio indicativo segundo orixe/destino).
  • O resto de destinos: segundo país.

Si eres empresa y quieres que te hagamos una oferta personalizada, solicita información.

Xornais e Publicacións Periódicas
Tamén che pode interesar...
Compárteo nas túas redes